Skip to Content

Escolares

PARABÉNS ADRIÁN VÁZQUEZ, OLIMPIADA FÍSICAS

O IES OTERO PEDRAYO, grazas ao excelente traballo de ADRIÁN VÁZQUEZ, está na FASE NACIONAL DE FÍSICA! 

Mil parabéns, Adrián; merecidísimo este pase directo á nacional.

Orgullosas/os do noso alumnado!


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Charla: VIOLENCIA DE XÉNERO E DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE IDENTIDADE SEXUAL E/OU ORIENTACIÓN

A CRUZ VERMELLA visitou o IES Otero Pedrayo para falar co alumnado de 4° da ESO sobre VIOLENCIA DE XÉNERO E DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE IDENTIDADE SEXUAL E/OU ORIENTACIÓN, pechando así as III Xornadas "No Otero, pola Igualdade", co gallo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller. 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

COIDAR(NOS), QUERER(NOS): RESPONSABILIDADE E AFECTIVIDADE

 

 A psicóloga Andrea Sieiro Paz visitou onte o noso centro para falarlles á rapazada de 1° Bac dos coidados como fundamento do benestar e da feminización destes, así como da importancia do autocoidado.

COIDAR(NOS), QUERER(NOS): RESPONSABILIDADE E AFECTIVIDADE foi o nome da charla-obradoiro que non deixou indiferente a ninguén.


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

VIOLENCIA DE XÉNERO NA PUBLICIDADE E NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

VIOLENCIA DE XÉNERO NA PUBLICIDADE E NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN é o título da charla- obradoiro á que asistiu hoxe o noso alumnado de 1° da ESO, aínda dentro da programación do 8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 

 

O obxectivo principal é proporcionarlles ás nosas mozas e mozos ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer calquera tipo de violencia, por moi sutil que esta sexa, nun mundo tan poderoso como é o da publicidade e os medios de comunicación. 

Grazas ao plan de innovación educativa, plan proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" por ofrecernos charlas tan interesantes e tan necesarias.


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Un ano máis, o IES Otero Pedrayo está a desenvolver unhas novas xornadas "Pola igualdade", arredor da data do 8 de marzo. Charlas, obradoiros, confección de presentacións, lectura do manifesto, música pola igualdade, exposición de mulleres científicas... son algunhas das actividades que conforman estas xornadas.

 

NO OTERO, SEMPRE POLA IGUALDADE.

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MULLERES NA CIENCIA

MULLERES NA CIENCIA é o nome da exposición que xa loce no IES Otero Pedrayo.

Grazas a EXXPERIMENTA EN FEMININO, da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) por ofrecernos a posibilidade de coñecer a historia destas mulleres que fixeron unha contribución tan relevante ao mundo científico.

 

 


8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VIOLENCIA DE XÉNERO E O NOVO CONTEXTO DIXITAL

VIOLENCIA DE XÉNERO E O NOVO CONTEXTO DIXITAL é o título da charla, enmarcada dentro da programación do 8M, DÍA DA MULLER, á que hoxe asistiu o alumnado de 2° da ESO.

Grazas a Pantallas amigas e, en concreto, a Íñigo Zaballos por impartir estes obradoiros tan necesarios na actualidade.

 

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

CHARLA: " A violencia nas relacións de parella adolescentes"

" A violencia nas relacións de parella adolescentes" é o título da charla coa que onte botamos a andar as III xornadas NO OTERO, POLA IGUALDADE, enmarcadas dentro do 8M, DÍA DA MULLER

Grazas ao Centro Integral de Recuperación de Mulleres maltratadas de Santiago por ofrecerlle ao noso alumnado a vosa experiencia.

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDAD

VERSOS NA RUA

24 de febreiro, DÍA de ROSALÍA 

 

 

Así locen os versos de Rosalía no paso de peóns entrambos edificios do IES Otero Pedrayo. Traballo magnífico da nosa rapazada! 

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ENTROIDO 2021

 
 
Aínda que a situación actual non permitiu facer desfile de Entroido, a cor, a ilusión, as risas, a alegría... non faltaron hoxe no Otero Pedrayo. Houbo moitísima participación no concurso de disfraz-aula e o xurado non o tivo nada fácil. Parabéns aos gañadores (DYSNEY, de 2° BAC e HAI VODA!, de 3° ESO) e... QUE VIVA O ENTROIDO!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut