Skip to Content

Escolares

DEBATE DO PARLAMENTO EUROPEO PARA MOZOS E MOZAS

 
A pasada fin de semana, Iago Rodríguez, Lucía Gómez e Borja Fidalgo, alumnado de 1º BAC do IES Otero Pedrayo, representaban maxistralmente o noso centro no Debate do Parlamento Europeo para a mocidade. Foron días intensos nos que se puxeron por riba da mesa temas sobre medio ambiente, compromiso cívico, migracións, igualdade... Os debates desenvólvense integramente en inglés e Iago, Lucía e Borja mostraron grande madurez e coñecementos no tema. Que orgullo de alumnado!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

2 de abril. DÍA MUNDIAL DO AUTISMO.

 
O IES Otero Pedrayo sumouse á conmemoración do Día Mundial do Autismo uníndose á campaña "Unha feliz viaxe pola vida significa...". Ademais, nas titorías, o alumnado traballou con material específico facilitado a través do Departamento de Orientación.
Porque mirar o mundo a través doutros ollos sempre é positivo.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE NON

Desde a semana pasada, loce nun dos patios interiores do noso centro esta exposición, tan atractiva como necesaria, sobre violencia de xénero.
 
Grazas ao programa de innovación educativa (Plan Proxecta) "Por 365 días de respecto e igualdade" por concedérnola. Grazas á Secretaría Xeral de Igualdade.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 
A música, a orixe deste día, a lectura do manifesto, a construción dun panel con frases célebres sobre feminismo e igualdade, o obradorio sobre educación sexual, o filme sobre Concepción Arenal, a colga da lona "Pola igualdade" no balcón do edificio histórico... foron algunhas das actividades que hoxe se levaron a cabo no IES Otero Pedrayo baixo o paraugas do 8M. A exposición "Con M de Matemática" e a ampliación do "Espazo Lila" da nosa Biblioteca completaron a xornada.
Que todos os días sexan 8M. Que todos os días traballemos a prol da igualdade.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ENTROIDO

 
A cor, o brillo, o baile, a música, a alegría... inundaron onte o IES Otero Pedrayo. Había ganas de festa e o entroido nunca defrauda!
Desde primeira hora e ata o lecer, os 6 grupos de 1º BAC pelexaron polo primeiro posto nas batallas de coreografías, cun nivel que nos deixou a todos e a todas coa boca aberta.
Despois do lecer, comezou o gran concurso-desfile da ESO, no que participaron TODOS os grupos con dramatizacións, bailes etc. É de destacar o valor que ten que cada clase acorde o seu disfraz, a música, a coreo...; é fundamental saber negociar, saber ceder, chegar a consensos... e o noso alumnado é especialista niso.
Ademais, este ano como novidade e prato forte, gozamos cunha macro coreografía da ESO na que participaron máis de 150 alumnos e alumnas. Foi ES PEC TA CU LAR.
Mil parabéns, Pablo Fernández Valencia, Anxo Cid Corbillón, do departamento de Educación Física, polo impresionante traballo realizado co noso alumnado, pola perfecta organización e sobre todo, polo voso entusiasmo.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

TERTULIAS LITERARIAS DO CONCELLO DE OURENSE

Onte, o Otero Pedrayo participaba nas tertulias do Concello, que nesta edición se centraban no libro de David Trueba El río baja sucio.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O Otero, coa nosa lingua.
O Otero, co galego.
21 de febreiro, Día Internacional da lingua materna.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

AS TOXINAS MARIÑAS

Este foi o título da conferencia que o científico Luis Miguel Botana López, da área de farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, lle impartiu ao noso alumnado de 1º BAC Ciencias a través do programa A Ponte da Universidade. Toda unha honra!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

COÑÉCETE. EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL.

A psicóloga e sexóloga Raquel Graña impartíalle esta semana ao noso alumnado de 3º ESO a primeira das tres charlas concertadas sobre educación afectivo sexual. É un luxo para o Otero poder contar con tan boas profesionais!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

HORTO ESCOLAR

"Pra recoller, hai que sementar", di a sabedoría popular. Niso estamos no Otero Pedrayo. Chícharos, cebolas, allos... xa quedan na terra. E os amorodos, que son sempre os que máis éxito teñen!
 
Que ilusión lle fai á nosa rapazada enzoufar as mans na terra! A terra é vida.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut