Skip to Content

IMOS AO TEATRO!

O xoves, 31 de xaneiro, o alumnado de Francés do IES Otero Pedrayo foi ao teatro. Nesta ocasión, a obra que foron ver os nosos rapaces e rapazas tiña unha peculiaridade: estaba en francés! Le malade imaginaire foi o título da obra e a representación foi no Auditorio de Ourense.

Este tipo de actividades son o complemento perfecto á materia vista nas aulas. Noraboa ao Departamento de Francés por este tipo de iniciativas!

Aí van algunhas fotos da xornada:



story | by Dr. Radut