Skip to Content

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Como non podía ser doutro xeito, o IES Otero Pedrayo non quixo deixar pasar de largo unha data destas características,  na q hai tanto aínda por reivindicar.  Foron moitas as actividades q xiraron arredor dela: 

- O primeiro que quixemos foi visibilizala e, para iso, colocamos varios paneis na entrada con siluetas de muller a frases alusivas ao tema. Tamén, con este obxectivo, fixemos cartelería na que destacamos unha idea: as nosas aulas, os nosos laboratorios, a nosa biblioteca, a nosa sala de profes; en definitiva, o noso IES está libre de violencia.

- Por outro lado, a alumna de 4° ESO Claudia Sánchez,  escribiu o manifesto que diferentes brigadas de alumnos e alumnas do seu mesmo curso, foron lendo aula por aula. Este manifesto non deixou indiferente a ninguén.

- Tivemos, tamén, para 3° ESO, unha charla impartida pola Policía sobre violencia de xénero. Foi moi interesante e pechou coas preguntas (e foron moitas) que o alumnado quixo facer.

- Foron os de 1° Bac os q visionaron a curtametraxe Matria, de Álvaro Gago. Quedaron profundamente impactados e abriuse un debate ao final da actividade no que todos e todas quixeron intervir.

- Os leceres tamén tiveron actividade. Neste caso foron membros da Cruz Vermella os que desenvolveron unha campaña que rematou cun mural no que quedaron as pegadas do noso alumnado, así coma mensaxes alusivos á violencia/ non violencia.

- Pechamos a conmemoración deste día coa pintada dun graffiti centrado nesta temática no muro exterior do noso pavillón.

 

Foi un día ben intenso! 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut