Skip to Content

EXCURSIÓN ALUMNADO DE ECONOMÍA.

Se algo lles gusta ao alumnado de Economía é visitar empresas. Nesta ocasión, os rapaces e rapazas desprazáronse ata a Coruña para visitar as fábricas do xigante téxil Inditex (en Arteixo) e tamén a téxtil Jevaso, no mesmo parque empresarial.

Pola tarde, a visita foi a Coca Cola e aínda tiveron tempo para dar un paseíño ao carón do mar. Día súper aproveitado. 



story | by Dr. Radut