Skip to Content

PREMIOS SAN CLEMENTE

É unha honra para o IES Otero Pedrayo que seis dos seus alumnos e alumnas formaran parte do xurado no prestixioso premio literario "San Clemente", organizado polo IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela.

A semana pasada foi a entrega do premio desta XXIV edición e o noso alumnado participou activametne na gala, tanto nos coloquios-debate cos escritores e escritora gañadores (Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han Kang), como no propio acto de entrega do galardón e a posterior cea no Hostal Reis Católicos da cidade compostelá.



story | by Dr. Radut