Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2019

Antonio Fraguas: "Ser galeguista non é máis que ser amante da nosa terra".

As letras galegas do presente ano están adicadas a Antonio Fraguas. O IES Otero Pedrayo quixo festexalas con diferentes actividades:

  • CONCURSO LITERARIO: O departamento de Galego convocou un concurso literario nas diferentes modalidades: poesía, relato, ensaio e cómic. Unha vez avaliados todos os traballos, resultaron premiados e premiadas:

          Modalidade de poesía: Marcos crispín Fernández, "As flores" (1º ESO A)
          Modalidade de relato: Raúl Dapía Xusto, "Maxia" (1º ESO C)
          Modalidade de ensaio: Lucía de Luís Cid, "Que é a liberdade? Somos os seres humnanos libres? (1º BAC F)
          Modalidade de banda deseñada: Antón Martín Romero, "Un día calquera" (2º ESO C)

  • PANEIS INFORMATIVOS SOBRE A VIDA E OBRA DO AUTOR: Na entrada do instituto foron colocados dous paneis con láminas que dan conta da biografía e bibliografía de Antonio Fraguas.
  • AUTOR E AUTORAS GALEGAS: Pedro Feijoo, Antía Yáñez e Eva Mejuto visitaron o noso centro para falarlles ao noso alumnado dos libros de lectura obrigatoria para eles e elas A memoria da choiva, O misterio de Portomarín e 22 segundos, respectivamente. 

Estas e outras actividades desenvolvidas no mes de maio e relacionadas coas lingua e a cultura galega, foron recollidas nun tríptico que difundimos entre o noso alumnado e profesorado. O Otero Pedrayo, sempre co galego!

 

Aquí podes ver o álbum de fotografías.



story | by Dr. Radut