2008-2009

MONICREQUES NO VISTALEGRE

Sorry, flash is not available.

Mar ao norde. Revista de Normalización lingüística e Biblioteca.

Se queres botar unha ollada ó primeiro número da Revista de Normalización Lingüística e Biblioteca descargar o arquivo adxunto

Día do libro 2009

Com-parte os teus libros favoritos.

Durante os días 23 e 24 alumnos e profes pasaron pola biblioteca e liron un anaquiño do seu libro preferido.

Todos participaron, dende os rapaces da ESO ata os maiores de Bacharelato de Adultos.

Moitos deles escribiron tamén un pequeno comentario sobre a súa lectura favorita.

 

CLUB DE LECTURA "BIBLOCASTELO"

   Xa comezamos co noso Club de Lectura.

   Para ver as actividades de Biblocastelo do curso anterior, ide ao noso Histórico 2007-08.

   Visita o noso blog pinchando aquí: http://www.blogoteca.com/bibliocastelo/index.php?gal=1281

 

UNHA DE ROMANOS

   @s nos@s clubeir@s divertíronse coa lectura dramatizada de O achádego do castro do dramaturgo Manuel Singala.

   

 

PROGRAMA "PRÉSTAMO Á CARTA" DA FUNDACIÓN G.SÁNCHEZ RUIPÉREZ

   Outro ano voltamos a colaborar coa FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ. Esta vez @s nos@s clubeir@s escolleron narrativa de misterio dentro do "Programa de Préstamos á Carta".

   Ademais, aproveitamos o préstamo para convidar a alumnado, fóra do Club, a participar deste intercambio de aventuras.

ANIMACIÓN Á LECTURA

Animación á LECTURA do IES Monte Castelo

NA PROCURA DUN EQUIPO DE REDACCIÓN

O ENL e a Biblioteca andan na procura de xornalistas para crear

un Equipo de Redacción para unha revista escolar en soporte informático.

 

@s interesad@s, pinchade no adxunto para consultar os requisitos.

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

   Xa andan viaxando, como outros anos, as mochilas viaxeiras polo IES Monte Castelo.  

 

 

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA

Para conmemorar o seu aniversario, a Biblioteca agasallounos con libros de texto e libros de peto.

Como contamos cun alumnado cultísimo, os libros ofertados voaron.

   

        

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE TERROR

En Samaín, ademais das arrepiantes cabazas, o terror chega a través dos libros.

     

           

  

     

Distribuir contido