You are hereLocalización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Documentos do Centro, Equipo Directivo, Persoal non docente, PEC, RRI, Plan de Convivencia, PAT, Plan de Autoprotección, Proxecto Lector, Proxecto Lingüístico

Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Documentos do Centro, Equipo Directivo, Persoal non docente, PEC, RRI, Plan de Convivencia, PAT, Plan de Autoprotección, Proxecto Lector, Proxecto Lingüístico


Membros do Equipo directivo

Director David Canoura López
Vicedirectora Noelia Cendán Teijeiro
Secretaria Luisa Boo Arias
Xefa de estudos Carla Fernández Vila
Xefe de estudos de adultos Juan Manuel Blanco Vázquez

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Publicada lista provisional de admitidos e excluídos no Fondo solidario de libros de texto de ESO para o curso 2023-24. 

Poden consultarse as litas no taboleiro da secretaria do centro ou acceder en liña desde o seguinte enlace, fondolibros, identificándose con Chave365 ou Certificado dixital.

Ábrese un prazo para subsanar erros nas solicitudes excluídas ata o 31 de xullo e publicarase, nos mesmos lugares, a listaxe definitiva de admitidos e excluídos a partir do 1 de Agosto. Na listaxe definitiva comunicaranse os libros asignados.

Aqueles solicitantes beneficiarios do Vale para Adquisición de material escolar, poderedes pasar a recollelo na Secretaría do centro a partir do 4 de setembro. Deberá recollelo a persoa beneficiaria que fixo a solicitude. En todo caso o vale deberá estar asinado pola persoa beneficiaira, solo poderá empregarse nun establecemento e deberá usarse o antes posible.

Os libros de aquelas persoas con dereito ao fondo solidario, serán entregados ao alumnado a partir do comezo das clases.

PRAZO SOLICITUDES BECAS CURSO 2023-24

No día de hoxe, ábrese o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24. Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos onlilne.

Poderán ser beneficiarios das distintas contías ao alumnado que no ano académico 23/24 cursen:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

PRAZOS: 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Para calquera información no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

NOVO PRAZO VALIDACIÓNS MATERIAS PARA 1º BAC

Acábase de publicar o Real decreto 14/2023 polo que se modifica o decreto que establecía as convalidacións entre as ensinanzas profesionais de música e danta e a educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Conforme ao establecido nas instrucións publicadas pola Consellería de Educación, ábrese un novo prazo ata o 7 de febreiro para solicitar validacións para o alumnado de 1º BAC que cumpra os requisitos recollidos nestas instrucións.

LIGAZÓN ÁS INSTRUCIÓNS VALIDACIÓNS 1º BAC

 

ABERTO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Iníciase o proceso de admisión do alumnado de nova incorporación ao centro.

As solicitudes do alumnado procedente de centros adscritos tramítanse a través do centro no que se está matriculado este curso.

A listaxe de alumnado admitido publicarase o vindeiro 25 de febreiro.

O alumando que vai permanecer no centro educativo no debe presentar solicitude. En caso de cambiarse de centro, ten que presentar a solicitude de reserva no centro no que se quere matricular para o vindeiro curso.

Máis información na páxina da Consellería de Educación

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, INÍCIASE O PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR.

A organización e supervisión do proceso de elección estará a cargo da Xunta Electoral que estará integrada por: un representante do profesorado, un representante das familias, un representante do alumnado, un representanto do persoal de administración e servizos e a directora do centro. Os representantes dos distintos sectores da comunidade educativa sairán dun sorteo público que se celebrará o vindeiro mércores día 27 de outubro ás 14:15 h no ximnasio do IES de Melide.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Comunícase a apertura do prazo para solicitar axudas ó fondo de libros e de material escolar.

  • Prazo para presentar as solicitudes: ata 22 de xuño (incluído).

  • Lugar de presentación: preferiblemente a través de sede electrónica da xunta, tamén pode facerse presencialmente no centro (solicite cita previa:881866109).

  • Formulario de solicitude: pode descargalo AQUÍ . Tamén está disponible na aplicación fondodelibros  e na sede electrónica.

  • Procedemento:

    • Cubrir solicitude (anexo I e II) en formato papel ou directamente na aplicación fondolibros.

    • Presentar esta solicitude en formato papel no centro ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia

INCREMÉNTASE O PERSOAL DE LIMPEZA

Trala solicitude feita polo IES de Melide de incrementar o servizo de limpeza do centro, para poder responder adecuadamente ás novas circunstancias derivadas da pandemia do COVID-19. A partires do día 3 de novembro esta plantilla será reforzada con dúas traballadora máis ás que damos a benvida. 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido