You are hereCiencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Economía, Educación Física, Educación Plástica, Filosofía, Física e Química, Grego, Latín, Lingua Española, Lingua Francesa, Lingua Galega, Lingua Inglesa, Lingua Portuguesa, Linguas clásicas, Madeira, Matemáticas, Música, Orientación, Relixión, Tecnoloxía, Xeografia e historia

Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Economía, Educación Física, Educación Plástica, Filosofía, Física e Química, Grego, Latín, Lingua Española, Lingua Francesa, Lingua Galega, Lingua Inglesa, Lingua Portuguesa, Linguas clásicas, Madeira, Matemáticas, Música, Orientación, Relixión, Tecnoloxía, Xeografia e historia


Alumnado de 2º de Bac asiste en Santiago a unha masterclass sobre física de partículas

O departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Sociedade Europea de Física e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), organizou un ano máis unha nova xornada ou "Masterclass" de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Nesta nova edición participaron 6 alumnos e alumnas acompañados do profesor de física e consistiu na asistencia a dúas conferencias pola mañá e a realización dunha práctica con ordenadores sobre a detección de partículas nos experimentos que se levan a cabo no CERN. Unha vez rematada a práctica tivo lugar unha posta en común mediante videoconferencia con outros dous centros de investigación de Alemania nos que partipaba tamén alumnado de Bac realizando a mesma experiencia.

VIAXE A MÉRIDA E ANDALUCÍA 2012

Velaí o vídeo realizado por Jessica Barreiro, de 1º de BAC B, na materia de TICs sobre a viaxe a Mérida e Andalucía, organizada polo departamento de grego do 23 ao 29 de marzo de 2012, na que participaron 42 alumnas e alumnos do IES de Melide.

ACORDO DE COLABORACIÓN BIANUAL

O IES de Melide e a empresa Ferretería Noguerol formalizan un acordó de colaboración bianual, que compromete á empresa local a aportar 800 euros en material de uso para o taller do noso Ciclo de Grao Medio de Fabricación e Instalación de Carpintería e Moble.

Viaxe a Grecia

Pequeno resumo da viaxe a Grecia que realizaron os alumnos e alumnas do IES de Melide, xunto cos dos IES de Ames e Pontepedriña (Santiago) do 23 ao 31 de abril.

Ângelo Torres, “contador de estórias” no IES de Melide

ANGELO TORRES 1  ANGELO TORRES 013  ANGELO TORRES 028

Ângelo Torres, actor, realizador e “contador de estórias” natural de São Tomé, estivo o luns 17 de xaneiro no IES de Melide para contarnos historias que, como el explicou, foran inventadas pola avoa da avoa da avoa da avoa da avoa da avoa da………………………… da súa avoa. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura e dirixida, fundamentalmente, ao alumnado de Portugués 2ªLingua Estranxeira.

Viaxe a Grecia

Como en anos anteriores, o departamento de Grego está aorganizar a viaxe a Grecia, preferentemente para alumn@s e exalumn@s de grego, cultura clásica e latín. Bota unha ollada

OBRADOIROS DE CULTURA CLÁSICA

O pasado 3 de maio, un super equipo de alumnas e alumnos de cultura clásica, latín e grego do IES de Melide impartiu na Facultade de Filoloxía un obradoiro de moda clásica e outro de escritura antiga, nesta primeira edición de Obradoiros de Cultura Clásica, organizados pola sección Galega da SEEC. Esta actividade, que pretende ter continuidade e consolidatrese, foi bautizada como Ludi Compostellani, como recoñecemento aos veteranos Ludi Saguntini, evento imprescindible na comunidade educativa das clásicas. Aínda que a idea inicial era facer unha xornada festiva que acompañase a entrega de premios da II Olimpíada de Tradución, os obradoiros adquiriron un protagonismo capaz de servir de reclamo a uns 20 centros que acudiron con arredor de 200 alumnos e alumnas, que ademais dos obradoiros de moda e escritura, participaron nun obradoiro de cociña, a cargo do alumnado do IES Xelmírez II, e nun obradoiro de xogos e outro de música a cargo do alumnado de filoloxía clásica da USC. O alumnado do IES de Ames encargouse de facer un precioso fotocoll que representaba ao deus Dioniso co seu séquito de sátiros e ménades. Estas actividades completábanse cun Itinerario Mitolóxico dunha hora de duración polo casco histórico compostelán, que partía da Praza do Obradoiro guiado por alumnas da USC e pola profesora Ana Suárez. Para ser a primeira edición, a xornada festiva foi todo un éxito grazas ao traballo de todos os centros que participaron e da directiva da SEEC, en especial de Teresa Amado, alma mater do proxecto que estivo en todo momento apoiando e animando aos centros, pendente de que non faltase nada. Grazas, Teresa! Pola nosa parte, no IES de Melide estivemos traballando nas aulas duramente ao longo do mes de abril, preparamos o material, distribuímos o traballo e velaí o resultado. É certo que hai algunhas cousas que debemos mellorar: ensaiar mellor a exposición, coordinarnos máis, ser máis responsables co traballo individual... que tentaremos levar á práctica o próximo curso se conseguimos que esta actividade teña continuidade. Quen se apunta para o curso que vén? Sabedes que agora podedes volver a escoller cultura clásica en 4º de ESO?

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido