You are hereEducación Física, Física e Química, Linguas clásicas, Lingua Inglesa, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Educación Plástica, Filosofía, Lingua Galega, Lingua Española, Madeira, Música, Tecnoloxía, Relixión, Orientación, Lingua Francesa, Lingua Portuguesa, Latín, Grego, Economía, Xeografia e historia

Educación Física, Física e Química, Linguas clásicas, Lingua Inglesa, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Educación Plástica, Filosofía, Lingua Galega, Lingua Española, Madeira, Música, Tecnoloxía, Relixión, Orientación, Lingua Francesa, Lingua Portuguesa, Latín, Grego, Economía, Xeografia e historia


CHARLA AESLEME "PÓDETE PASAR"

No marco do Plan de Acción Titorial do IES de Melide, durante a mañá de hoxe, 15 de Marzo, tivemos a visita da AESLEME (Asociación pola Prevención de Accidentes de Tráfico e ONG de atención a vítimas de accidentes). Co obxectivo de concienciar e sensibilizar sobre unha conducción responsable; Juan, a través dun relato autobiografico, foi quen de transmitir ao alumnado de 4º da ESO e FP Básica (1º e 2º curso) as regras básicas da Educación Vial: uso do cínturón de seguridade, NON uso do móbil ao volante e o NON consumo de alcol e drogas antes de conducir. Moitas grazas á AESLEME e a Juan.

Charla AESLEME2019

O SERPRONA NO IES DE MELIDE

O xoves 7 de marzo visitou o noso centro a unidade do SERPRONA da G. Civil de Santiago para dar unha charla e unha entrevista na radio do noso instituto sobre o medio ambiente na Terra de Melide. Na actividade participou alumnado de 1º e 2º BAC das materias de bioloxía e xeografía.

Charla SERPRONA

ASISTENCIA VI OLIMPIADAS DE FILOSOFÍA

Onte a Facultade de Filosofía fíxose pequena con tanta mente maravillosa!!!...máis de 200 participantes na Olimpiada Filosófica de Galicia!!!!....e nos tamén estivemos ahí...o grupo de filósofos do IES de Melide, participando nas modalidades de dilema moral, curta de video e fotografía. Ademáis, como non, montamos o noso telderete, tatuamos  amor pola filosofía e agasallamos con pulseiras metafísicas a quen o quixera!!!!....E non nos chegaron a nada!!!

Grazas a Son Zeltia polo curre, adicación e amor co que organiza esta Olimpiada _ o caso é que fai 1000 cousas pero con ese ollar azul e limpo que ten  da a sensación que está sempre en modo zen!!!!!!

O IES de MELIDE NO CONCURSO ODISEA

Unha vez máis o alumnado de latín, grego e cultura clásica acaba de pasar uns días emocionantes co Concurso Odisea. Ademais de adquirir coñecementos sobre a Ciencia e a Tecnoloxía nas antigas Grecia e Roma, o tema deste ano, os participantes aprenderon a buscar información non só en páxinas web, senón tamén en libros, a manexar índices... e sobre todo, a pensare a pensar en equipo.

Os resultados foron bos para o IES de Melide, xa que o equipo MOIRAS, formado por Najwa Daki, Noa Glez Mejuto e Idaira del Pino Rouco de S4C, conseguiu clasificarse para o desempate, que terá lugar o mércores 13 de febreiro en Compostela. Moita forza, campioas, e que Atenea, a deusa da sabedoría vos acompañe nesta vosa odisea!!!

Concurso Odisea

Presentación do estudo socioeconómico do GDR Ulla Tambre Mandeo

Este mércores 16 de xaneiro pasáronse polas clases de economia de 1º BAC e 2º BAC as autoras do libro "ESTUDO SOCIOECONÓMICO DO TERRITORIO DO GDR ULLA, TAMBRE MANDEO" para presentar esta publicación do GDR á que viñeron acompañadas acompañadas pola alcaldesa Dalia García e a concelleira de xuventude Yolanda Pérez. Foi un bo momento para dar a coñecer esta asociación sen ánimo de lucro que ten coma un dos seus obxectivos o desenvolvemento do territorio, repasar o procedementos previos para crear unha empresa e dar a coñecer as posibles subvencións e axudas que podes xestionar. 

foto_portada libro

Intercambio teatral Melide-A Estrada

Esta semana, o grupo de Teatro Teiroa vén de participar na primeira parte do intercambio de aulas de teatro entre o IES de Melide e o IES Antón Losada Diéguez de A Estrada. Catorce actores e actrices melidenses desprazáronse ata a vila pontevedresa para compartir unha xornada de convivencia e representar a obra "Asemblea Xeral" galardoada no Certame de Cooperativismo no Ensino neste 2018 co primeiro premio á mellor actividade cooperativizada.

Nunha segunda fase do intercambio, recibiremos en Melide ao alumado da Aula de Teatro do Instituto Antón Losada. O pasado martes 27 de novembro,  o traballo e as horas de ensaio adicadas a esta montaxe de teatro negro para monicreques, sairon á escena nunha exitosa e ben acollida representación. Parabéns rapeces e rapazas!

VISITA A METEOGALICIA

 O pasado dia 14 de novembro o alumnado de 1º ESO, acompañado por profesorado dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e mais Xeografía e Hª,  viaxaron a Santiago para facer unha aproximación  ao mundo educativo na Galicia dos inicios do século XX a través da exposición  “ Castelao Maxistral “ sita na Cidade da Cultura . Tamén visitaron a sede de Meteogalicia, para coñecer de preto os diferentes aparatos de medición dunha estación metereolóxica.  Cos seus técnicos coñemos a predicción do tempo metereolóxico, e tamén como se está a producir un cambio climático e as súas consecuencias nas nosas vidas.

Meteogalicia

CHARLA - OBRADOIRO "OS MORCEGOS DE GALICIA"

O xoves día 8 de novembro o alumnado da materia de Flora e Fauna Galegas de 2º ESO A-B recibiu a visita da experta en morcegos Ledicia Santos, da Asociación Drosera (Morcegos de Galicia). Ledicia contou ao alumnado moitas curiosidades respecto a estes asombrosos animais, moitas veces inxustamente tratados polo descoñecemento que se ten cara eles. Destacou que os morcegos son magníficos controladores de pragas, xa que os morcegos de Galicia basean a súa dieta en insectos: nunha soa noite poden chegar a comer ata 3000 mosquitos!! Tamén mostrou algunhas das técnicas que empregan os científicos para o seu estudo, tales como detectores de ultrasóns ou redes de néboa para a súa captura. Esta visita permitiu achegar ao noso alumnado a un coñecemento máis profundo destes animais, desmontando moitos mitos e lendas.

Charla Morcegos

 

Visita do alumnado de TICs de 1º de BACH ao CESGA e a empresa Dinahosting

Este venres 26 de outubro, os  departamentos de Física e Química e Tecnoloxía organizaron unha visita á empresa Dinahosting e ao CESGA (centro de supercomputación de galicia) en Santiago. O departamento comparte desde hai anos a docencia da materia de TIC co departamento de Tecnoloxía. A visita realizouse con alumnado que cursa a materia de TIC en 1º de BACH e consistiu, primeiro, nunha visita a Dinahosting que é unha empresa privada que centra a súa actividade no campo da xestión de dominios e aloxamento web.                     Por outra banda, o CESGA é un centro de supercomputación dependente da Xunta de galicia e da Universidade que da soporte e servizo a múltiples equipos de investigación e institucións como por exemplo, METEOGALICIA

Imaxe7

Visita do alumnado de TICs de 1º de BACH ao CESGA e a empresa Dinahosting

Este venres 26 de outubro, o alumnado que cursa a materia de TIC en 1º de BACH, acompañado dos seus profesores Nieves Martínez e Xan García realizou unha visita á empresa Dinahosting e ao CESGA (centro de supercomputación de galicia). Dinahosting é unha empresa privada que centra a súa actividade no campo da xestión de dominios e aloxamento web. Está a piques de cumplir 18 anos e é unha empresa punteira a nivel estatal.

imaxe1 Imaxe2 Imaxe3 imaxe4 Imaxe5 Imaxe6

 Por outra banda, o CESGA é un centro de supercomputación dependente da Xunta de galicia e da Universidade que da soporte e servizo a múltiples equipos de investigación e institucións como por exemplo, METEOGALICIA ofrecendo a súa enorme capacidade de cálculo para poder realizar as predicións do tempo para varios días. Votou a andar alá polos primeiros anos 90 e na actualidade conta co supercomputador Finisterrae de recente adquisición.

Imaxe7

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido