Visita do alumnado de TICs de 1º de BACH ao CESGA e a empresa Dinahosting

Este venres 26 de outubro, o alumnado que cursa a materia de TIC en 1º de BACH, acompañado dos seus profesores Nieves Martínez e Xan García realizou unha visita á empresa Dinahosting e ao CESGA (centro de supercomputación de galicia). Dinahosting é unha empresa privada que centra a súa actividade no campo da xestión de dominios e aloxamento web. Está a piques de cumplir 18 anos e é unha empresa punteira a nivel estatal.

imaxe1 Imaxe2 Imaxe3 imaxe4 Imaxe5 Imaxe6

 Por outra banda, o CESGA é un centro de supercomputación dependente da Xunta de galicia e da Universidade que da soporte e servizo a múltiples equipos de investigación e institucións como por exemplo, METEOGALICIA ofrecendo a súa enorme capacidade de cálculo para poder realizar as predicións do tempo para varios días. Votou a andar alá polos primeiros anos 90 e na actualidade conta co supercomputador Finisterrae de recente adquisición.

Imaxe7

 

Zeroadiccións

#Zeroadiccións No marco do programa sobre prevencións de adiccións da área de Acción Social da Deputación da Coruña tivo lugar no IES Melide un conxunto de actividades formativas e informativas para informar e debater sobre as adiccións, a súa prevención e os riscos e perigos que ocasiona padecer algún tipo de adicción. 

    Algún dos obxectivos a acadar foron: promover a educación en valores e a convivencia, promover a resolución de conflitos mediante a mediación e o desenvolvemento de habilidade socias, previr os consumos de toda índole dende idades temperás, previr as condutas de risco e aditivas de toda índole dende idades máis temperás, integrar os modelos de vida saudables nos momentos claves do ciclo vital en termos de consumo e adición.

TABOLEIRO

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO POR CURSOS - CURSO 2019/20

 

Información

 

LIÑAS DE AUTOBÚS - CURSO 2019/20 

Información

A solicitude de novas paradas remata o 5 de xullo.

A CONSTRUCIÓN DO ALBERGUE DE INSECTOS E O ACONDICIONAMENTO E ESTUDO DA BIOLOXÍA DA CHARCA ENTRE AS NUMEROSAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLO CLUB DE CIENCIAS DO IES DE MELIDE.

O IES de Melide está situado ás aforas do casco urbano do Concello, nunha zona húmida rodeada de grandes prados sen urbanizar. Aproveitando esta ubicación, a finais do pasado curso 2016-2017 construíuse unha charca nunha ampla área verde situada no patio do instituto.

Durante o curso, aproveitamos para estudar distintos conceptos ecolóxicos na propia zona verde. Identificáronse distintas especies animais que habitan a charca, axundándonos dun trueiro para a súa captura. Plantáronse plantas (lirios amarelos, xuncos, menta acuática, etc.) no seu arredor para dotar a dita charca dun aspecto o máis natural posible.

Na mesma área temos situado un hotel de insectos (a súa construción enmarcouse dentro das actividades levadas a cabo polo club de ciencia), debido a que a súa colocación foi recente, todavía non hai "inquilinos" para poder identificar, pero a actividade serviu para que o alumnado reflexione sobre a importancia dos insectos nos ecosistemas. 

Memoria do Club de Ciencia

FOTOS ORLA E ACTO DE DESPEDIDA 2º BAC

Tedes a continuación as fotos do acto de despedida de 2º BAC e das orlas.

-Ligazón ás fotos das ORLAS

-Ligazón ás fotos do acto de despedida.

 

IES DE MELIDE PREMIO Á MELLOR ACTIVIDADE COOPERATIVIZADA

Alumnado do noso centro participou no concurso COOPERATIVISMO NO ENSINO 2018, coa obra "Asemeblea xeral", no que resultou gañador na modalidae de actividades cooperativizadas e recibiu o premio da man de Patricia Rodríguez Franco, secretaria territorial da Xunta de Galicia na Coruña.

"Asemblea xeral" é unha adaptación para monicreques e teatro negro da obra homónima do valdeorrés Louro Olmo. A posta en escea e a adaptaciónd esta obra son o froito dun traballo de meses do alumnado de diferentes materias e niveis que traballaron conxuntamente para sacar adiante un proxecto de aprendizaxe cooperativa.

O vindeiro día 26 de xuño haberá unha nova representación dentro do programa de festas do Barrio de San Pedro en Santiago de Compostela, no centro Don Bosco ás 19:00H.

Premio_Asemablea xeral

 

PREMIO NO CONCURSO DE VIÑETAS "DONAS"

Tersa Ron Casa, alumna de 3º ESO, é unha das gañadoras do IX concurso de viñetas "Donas" Mulleres da historia de Galicia" co seu traballo "Elas abriron o camiño".

Este concurso está organizado pola área de igualdade da Deputación da Coruña para animar ós adolescentes a reflexionar sobre o papel das mulleres na historia galega co obxectivo de visibilizar o empoderamento e o seu papel no desenvolvemento da sociedade.

CARTAZconcursoDonas 

XORNADA DE ACOLLIDA - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Como cada ano por estas datas recibimos a visita do alumnado dos CIPS adscritos (Nº1, Martagona, Pastor Barral, Toques e Arcediago).

O alumnado que de 1º de ESO capitaneou un acto informativo, flexible e interactivo no que se presentaron cuestións de interese relativas á nova etapa educativa que o alumnado iniciará en setembro. 

No acto, no que tamén participou o equipo directivo e a orientadora do centro, tratáronse tamén cuestións que atinxen á organización e funcionamento do IES de Melide e á liña de traballo que se segue.

Finalizou o acto cun percorrido polas instalacións do IES.

Vémonos en setembro!

PIRAGÜISMO 2018

O departamento de Educación Física organizou en para o alumnado de 1º ESO un Itinerario Ambiental navegando en kaiak polas augas da Ría de Ares. 

Ofertouse esta actividade co obxectivo de fomentar e espertar o interese pola práctica físico-deportiva na natureza e como  programa de educación ambiental onde o ecosistema do litoral mariño foi o protagonista, sen esquecer os importantes aspectos socioculturais da zona.

O Club Náutico Firrete de Pontedeume foi a entidade concertada para desenvolver a actividade. 

CORREMELIDE 2018

   Un ano máis o IES de Melide organizou o “Corremelide”, unha actividade lúdico-deportiva que ten como principal obxectivo o fomento da lingua galega nun día de convivencia entre os rapaces e rapazas dos centros educativios de Melide.

   Máis de seiscentos nenos e nenas dos centros educativos de Melide (CEIP nº1, CEIP Martagona e CEIP Mestre Pastor Barral, CEIP Martagona, CEIP de Toques e IES de Melide) participaron neste evento cultural e deportivo que cumpría a súa décimo oitava edición.

   O IES de MELIDE agradece a colaboración na organización do Concello de Melide, Policía Local, Protección Civil e da empresa JIM Sport.

CADRO DE ACTIVIDADES

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido