You are herecontent / A CONSTRUCIÓN DO ALBERGUE DE INSECTOS E O ACONDICIONAMENTO E ESTUDO DA BIOLOXÍA DA CHARCA ENTRE AS NUMEROSAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLO CLUB DE CIENCIAS DO IES DE MELIDE.

A CONSTRUCIÓN DO ALBERGUE DE INSECTOS E O ACONDICIONAMENTO E ESTUDO DA BIOLOXÍA DA CHARCA ENTRE AS NUMEROSAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLO CLUB DE CIENCIAS DO IES DE MELIDE.


O IES de Melide está situado ás aforas do casco urbano do Concello, nunha zona húmida rodeada de grandes prados sen urbanizar. Aproveitando esta ubicación, a finais do pasado curso 2016-2017 construíuse unha charca nunha ampla área verde situada no patio do instituto.

Durante o curso, aproveitamos para estudar distintos conceptos ecolóxicos na propia zona verde. Identificáronse distintas especies animais que habitan a charca, axundándonos dun trueiro para a súa captura. Plantáronse plantas (lirios amarelos, xuncos, menta acuática, etc.) no seu arredor para dotar a dita charca dun aspecto o máis natural posible.

Na mesma área temos situado un hotel de insectos (a súa construción enmarcouse dentro das actividades levadas a cabo polo club de ciencia), debido a que a súa colocación foi recente, todavía non hai "inquilinos" para poder identificar, pero a actividade serviu para que o alumnado reflexione sobre a importancia dos insectos nos ecosistemas. 

Memoria do Club de Ciencia

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido