You are herecontent / Samaín no IES de Melide

Samaín no IES de Melide


O Samaín chegou ó centro a semana pasada coa representación teatral “Sobre a morte de Bieito” de Rafael Dieste, a cargo alumnado de artes escénicas de 4º ESO e á que puidemos asistir o martes 30  na biblioteca do centro. O día 31 continuamos coas celebracións e durante o recreo puidemos degustar unha “MERENDA PARA NON CAERSE MORTO” na que había froita e as castañas asadas que non podían faltar, e bocatas súper saudables a base de tomate natural, queixo e chocolate (co 85% de cacao) que fixeron as delicias de todo o mundo, todo isto preparado polo noso alumnado e encadrado dentro do programa de  IESAUDEMELIDE. Os grupos de 1º ESO remataron esta xornada matinal cunhas actividades de convivencia que se iniciaron coa proxección da curtametraxe “El Circo de las mariposas” e continuaron cunhas actividades de reflexiónsobre a mesma e na que tiveron tempo de falar tamén sobre a súa adaptación ó instituto.

Estes días continúa no centro a exposición "OS MORCEGOS DE GALICIA" cedida pola asociación DROSERA e completada con traballos do noso alumnado de Flora e Fauna de 2º ESO na que se  nos dán a coñecer estes mamíferos, moitas veces denostados pero moi beneficiosos dentro no noso ecosistema.

Remataremos as celebracións coa entrega de premios dos concursos de relatos terroríficos  e epitafios durante un recreo na biblioteca do centro. En canto o xurado teña os gañadores avisaremos para que poidades asistir todos.

Samain 2018

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido