CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS CURSO 2023-2024 1º BACH 2º BACH
O 29 de abril, o alumnado do CS de Próteses dentais recibiu a visita do presidente do Colexio de Protésicos de Galicia, Avelino Sanmartín Caamaño, quen impartiu unha charla informativa acerca da organización e as funcións do Colexio, e o presente e futuro da profesión dos e das protésicos dentais.
O pasado 23 de abril celebrouse a recollida de premios do certame literario de Viaqua, no que o noso alumno Diego Martínez García de 3º ESO B gañou o primeiro premio da súa categoría na modalidade de relato clásico.
Este ano celebrábase a décima edición do certame e para festexalo preparouse un acto moi especial no que os premiados recolleron os merecidos premios no Gaias apoiados polos seus compañeiros e docentes.
Despois do acto, no que nos deleitaron tamén con pezas musicais e improvisacións de hip-hop, os asistentes recibimos un petisco que desfrutamos antes de regresar ó centro.
Parabéns de novo ó noso alumno Diego Martínez García!
O día 23 de abril, o alumnado da ESO e de ciclos formativos pasou ao longo da mañá pola biblioteca para facer lecturas comúns de relatos, poemas e opinións do propio alumnado sobre os libros e a lectura.
Moitas grazas polos textos e por ler ante os vosos compañeiros e compañeiras!
O mércores 17 de abril, as responsables do Departamento de Orientacion e Coordenacion de Convivencia e Benestar participaron nas xornadas de formación para os equipos de actuacion contra o acoso escolar ( ACAE)
Estudantes de 1º, 2º e 3º de ESO, acompañados por Ana Dapena e Lupe Rodríguez, están a disfrutar dun país bastante descoñecido para nós, Lituania. Grazas ao Programa Erasmus +, durante 9 intensos días visitan Vilna, Kaunas e Alytus, onde se mergullan na cultura lituana grazas á súa estancia en familias e ás interesantes clases no instituto Dzūkija School.
Unha viaxe chea de historia, arte, natureza, gastronomía, linguas diferentes, amizade e unha morea de emocións para nunca esquecer.
Hoxe o alumnado de 2º FP Basica de peiteado e estética disfrutou do Primeiro premio gañado no concurso de decoración de Nadal 2023, que consistia nun “brunch” no CIFP COMPOSTELA con produtos naturais e frescos, elaborados e servidos polo alumnado da FP básica.
Agradecemos e aplaudimos a calidade tanto dos deliciosos e sanos produtos como da atención, servizo e bo trato do persoal docente, así como do seu alumnado.
Un pequeno pracer que disfrutamos moito!!
O día 7 de abril, domingo, celébrase o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, conmemorando a data da fundación da OMS (Organización Mundial da Saúde) na que se destaca a importancia do acceso a recursos básicos como a auga, aire limpo, ALIMENTACIÓN ADECUADA, vivenda digna, entorno laboral seguro e condicións ambientais saudables e a cobertura sanitaria universal, elemento clave no cumprimento dos obxectivos de desarrollo Sostible (ODS).
No IES Lamas de Abade traballamos no tema nos diferentes niveis educativos co lema deste ano:
A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO!!
Utilizando varias dinámicas para concienciarnos e responsabilizarnos na saúde persoal e do planeta, en especial fixemos incidencia na importancia de alimentarse balanceadamente, evitando o consumo de alimentos e bebidas procesadas, asi como subliñamos a importancia da vida activa facendo exercicio.
O pasado día 4 de abril, os ciclos de Imaxe Persoal do noso centro participaron na feira das profesións de Brión, e a súa vistosa proposta saiu no telexornal da TVG.
Neste enlace podedes acceder á noticia.
O noso alumno Diego Martínez García de 3º ESO B ven de gañar o primeiro premio do Certame Literario de Viaqua, na categoría de 3º e 4º de ESO.
Moitos parabéns!!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer