slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

“Me cachis na mar salgada”

Como cada ano, o EDLG organiza una festa previa ó Entroido, esta vez con fins reivindicativos. “Salvemos os nosos océanos” foi o lema escollido para convidar a todo o alumnado do IES Lamas de Abade a celebrar esta festa e presentarse á última hora da mañá o concurso convocado. Nestas datas tan significativas na xestión e coidado dos  nosos recursos medioambientais, non podiamos esquecernos de dedicarlle este ano este ratiño de reflexión.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega acordou valorar como o mellor traxe e máis axeitado ó tema escollido, o dos alumnos de 2º B que se presentaron como “Narcotraficantes e patrulleiras de policía”. Estivo moi logrado, conseguiu incluír a tódolos rapaces da clase que quixeron incluírse e, a posta en escena, non tivo parangón; os flamantes policías conseguiron atrapar ós contrabandistas por mais que quixeron pasar desapercibidos na súa zodiac. Dereitos á FALCONA!! 

Parabéns ós premiados que serán agasallados cunha consumición na cafetería do noso IES Lamas de abade.

Preténdese con este premio tamén, animar ó alumnado e profesorado a revisar ese léxico e esas expresións feitas, que tan acostumados estamos a usar na lingua galega sen decatármonos de forman parte tamén do noso idioma, aínda que non sexa o máis académico, si é o máis popular.

Concurso Pilabot

Ecopilas, ERP e Ecole, xunto á Xunta de Galicia, promoven a quinta edición desta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.

O Concurso Pilabot repartirá catro premios entre os centros educativos que máis pilas recollan.

Auspiciado polo Dpto de Bioloxía e Xeoloxía, sempre preocupado da Educación Ambiental, neste curso participamos o IES LAMAS DE ABADE, grazas ó esforzo de todo o alumnado de 1º de ESO, que o fai con unha soa intención: GAÑAR!!!

Non é certo, ja. Despois de recibir a charla ofrecida pola nosa persuasiva Miriam que nos ofreceu unha conferencia encandeadora, sabemos que o facemos porque O COIDADO DO NOSO MUNDO ESTÁ so  NAS NOSAS MÁNS.

Participa!! tráenos tódalas pilas usadas que podas recoller!

Podemos ganar un substancioso premio económico de conseguir ser os mellores recolledores. Pero, de non ser así, nos quedaremos coa idea de que termos contribuído á sensibilización das nosas familias e da sociedade en xeral. Porque nós xa estamos concienciados, nós sabemos que se non somos nós quen de mirar polo noso planeta, a ninguén lle vai importar.

VEÑA, RAPACES!!! IMOS A POR TODAS!!!

 

CHARLA USC: A HISTORIA DAS PANDEMIAS

O Alumnado do Ciclo Superior de Laboratorio Clínico e Biomédico e do Ciclo  medio de Farmacia e Parafarmacia asisten à charla formativa sobre A HISTORIA DAS PANDEMIAS do programa PONTES da USC a cargo do Profesor Dr Juan Gestal Otero.

Entroido no Lamas

Esta semana celebramos o Entroido no Lamas e hoxe organizamos diferentes actividades e traxes para reivindicar o coidado dos nosos mares, da costa e do planeta.

Vilardevós con Lamas de Abade

Tódolos centros de ensino do lugar de Lamas de Abade vibraron ó son das tamborradas de Vilardevós o pasado venres 2 de febreiro. Como cada ano, os equipos de dinamización da lingua galega dos nosos centros de ensinanza aliámonos para recibir a un entroido singular dalgún lugar de Galicia.

Nesta ocasión desfrutamos cos chocalleiros desta localidade ourensá que viñeron acompañados dunha boa comitiva encabezada pola súa alcaldesa, Eva Pérez Gamote. No CIFP Compostela foron recibidos con honores polos nosos Xenerais do Ulla. No salón de actos, os nosos alumnos de 1º de ESO, Eva do grupo B e Thiago do grupo C, foron excelentes presentadores, para  amosársenos o seu xeito tan singular de celebrar o entroido. Como en case que toda a provincia de Ourense, en Vilardevós vívense intensamente estas datas do ano.

A comitiva con representantes de tódolos centros participantes, o grupo de gaiteiros ABADIÑOS, os chocalleiros e o Abade cos seus secuaces, foron percorrendo tódolos centros, saudando a tódolos rapaces e levando música e diversión nunha mañá francamente preciosa. Luciu o sol, os cabalos se comportaron estupendamente, os correos e xenerais botaron os seus atranques e deron os seus altos como preceptivo que é.

 

Para rematar, no noso instituto votaron “vivas” para a Sra. Directora e demais profesores chegando a hora da degustación dos doces típicos de entroido que nos preparan con esmero os alumnos do CIFP Compostela.

MANIFESTO POLA PAZ

MANIFESTO POLA PAZ

DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

2024 IES LAMAS DE ABADE

Estudantes, profesorado e tódalas persoas da comunidade educativa estamos preocupadas pola presenza de guerras, de manifestacións de xenocidio, intolerancia e violencia en tódalas súas formas.

Alarmadas polo incremento de conflitos armados nos (5 continentes, que estivemos visibilizando nos grupo de aula ), de abusos dos dereitos humanos, de actos intolerantes nas nosas cidades, ameazas e abusos, de actos e condutas denigrantes, agresivas e violentas en internet e nas redes sociais que atentan contra a integridade física e psicolóxica das persoas.

Hoxe queremos facer un xesto de VARRER AS GUERRAS porque AS GUERRAS IMOS PARAR, queremos CAMBIAR O MUNDO!!

Conscientes de que a paz non é só ausencia de conflitos queremos fortalecer o noso compromiso coa CULTURA DE PAZ, QUE IMPLICA:

O RESPECTO Á VIDA, Á FIN DA VIOLENCIA, A PROMOCIÓN E PRÁCTICAS DA NON VIOLENCIA POR MEDIO DO DIÁLOGO, A COOPERACIÓN E EN ESPECIAL DA EDUCACIÓN PARA A TOLERANCIA E A PAZ.

O respecto e a promoción da solidariedade e o dereito ao desenvolvemento humano e a protección do medio ambiente para nós e as xeracións futuras.

Lembramos neste día ás comunidades educativas, ás familias, periodistas, intelectuais, artistas e a toda a cidadanía en xeral, a responsabilidade que todas e todos temos no compromiso de mirar a realidade desde unha visión que impulse unha cultura de convivencia, tolerancia e paz, e de igual xeito, a responsabilidade e o papel informativo e educativo de cada persoa desde o seu lugar.

Sabemos que a PAZ se constrúe e comeza por respectar ás persoas que temos ao nosol lado.

Invitamos neste día a traballar e intentar facer realidade aquilo que dixo a UNESCO…“POSTO QUE AS GUERRAS NACEN NA MENTE DAS PERSOAS, É A MENTE DAS PERSOAS ONDE DEBE CONSTRUIRSE OS BALUARTES DA PAZ”

O MUNDO É NOSO !!

 

 

 

 

 

Visita ós Museos Científicos Coruñeses

Como cada ano, os nosos alumnos de 3º de ESO desfrutaron de un dia de lecer nos museos científicos coruñeses. Este martes 30 de xaneiro, practicamente a totalidade dos nosos “terceroeseiros” xunto coas profesoras Paula Ribadulla, Sabela Martín e Marina Raíces, desfrutamos dun solleiro día na Coruña, comemos ó aire libre e aínda fomos tomar un batido a un centro comercial (non dicimos cal).

A Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

 

 

 

O Aquarium Finisterrae é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e a divulgación científica de temas mariños. O terceiro dos Museos Científicos Coruñeses ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999.

O Aquarium Finisterrae conta con catro salas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por máis de trescentas especies diferentes.

 

> SALA ISABEL CASTELO

Está dedicada a exposicións temporais con sorprendentes imaxes de natureza e medio ambiente. O seu contido renóvase varias veces ao ano.

> SALA MAREMAGNUM

É o núcleo educativo do Aquarium. Ademais de grandes acuarios, contén a OceanoSfera e decenas de elementos museísticos que propoñen experiencias interactivas.

> SALA HUMBOLDT

Dedicada a grandes exposicións temporais monográficas. O seu contido renóvase con periodicidade. Actualmente esta sala presenta «Sexo azul», unha exposición interactiva que trata sobre a reprodución sexual dos seres vivos que viven na auga. Está formada por vinte módulos que conteñen seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparellos interactivos e ilustracións.

> SALA NAUTILUS

É a sala máis espectacular do Aquarium Finisterrae. Deseñouse para ofrecer unha experiencia emocional única. Está mergullada nunha gran piscina de cinco millóns de litros de capacidade e a súa decoración lembra a do gabinete do capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus. Ao redor da sala nadan os peixes de maior tamaño do acuario, como as quenllas, corvinas, seriolas, douradas, robalizas e meros. Tamén hai cardumes de xardas e xurelos. Periodicamente, en sincronía cunha música composta especificamente para esta sala por Luís Delgado, ilumínase a zona central, que alberga unha colección de diversos obxectos antigos relacionados co mar.

> TERRAZAS EXTERIORES

Completan a oferta museográfica do Aquarium. Nelas exponse a áncora do buque petroleiro Mar Exeo, que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules e provocou unha marea negra; o Xardín Botánico, con plantas do litoral galego; o Paraíso Mariño, que recibe auga directamente do mar e onde viven tres machos de Phoca vitulina, e o Piscinarium, outra piscina de gran volume onde se atopan oito femias da mesma especie de foca.

 

Foto de grupo para o recordo.

Conferencia: A lingua galega e os videoxogos

O IES Lamas de Abade é socio-colaborador da Mesa pola Normalización Lingüística desde o ano 1999. Grazas á nosa colaboración poden seguir desenvolvendo un traballo plural e independente co único obxectivo de promocionar o uso do galego en todos os ámbitos da vida social.

O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. Na actualidade, a Mesa leva a cabo actividades de divulgación, sensibilización e dinamización relacionadas cos seus obxectivos estatutarios.

Con esta proposta de actividades, A Mesa pola Normalización Lingüística convida aos centros de ensino a que poidan desenvolver iniciativas para a normalización da lingua a través de campañas, materiais divulgativos e conferencias.

Nesta ocasión os alumnos de 1º de ESO asistiron a  unha conferencia sobre A lingua galega e os videoxogos, organizada polo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA do noso instituto, e que se celebrou no noso centro o pasado  25 de xaneiro de 2024. O tema conseguiu encandear aos receptores da charla. E foi seguida con interese por case que tódolos 72 estudantes con que conta este nivel. Nesta charla faláronnnos da promoción e potenciación do galego no mundo dos videoxogos, así como á visibilización daqueles títulos creados no noso país.

 

Charla de divulgación científica

Charla de divulgación científica impartida pola profesora Thais Pousada García pertencente á Universidade da Coruña á que asistiron aos grupos de Coidados auxiliares de enfermaría e Emerxencias sanitarias.
O título da charla é “Productos y tecnologías de apoyo para personas con discapacidad y personas mayores” e analízase que son os produtos de apoio, como axudan no día a día das persoas con discapacidade, diferentes tipos e  por que son tan necesarios para esta poboación.

Recollida de productos de hixiene na biblioteca

Este ano a biblioteca organizou unha campaña en colaboración coa Cruz Vermella para recoller material de hixiene persoal e doméstica. 

Como podedes ver nas imaxes, esta campaña foi todo un éxito.

Grazas a todos pola vosa colaboración!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer