INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

I Premio á Calidade Lingüística dos Proxectos dos ciclos superiores de FP

20/11/2019 11:00
Europe/Madrid

Hoxe, mércores 20 de novembro, entregáronse os «Primeiros Premios á Calidade Lingüística dos proxectos e proxectos integrados dos ciclos superiores de FP». Este premio foi convocado o curso pasado por vez primeira polo Departamento de Dinamización Lingüística do IES Lamas de Abade, coa intención de achegar as actividades deste departamento ó alumnado dos ciclos.
Os premiados foron dous proxectos do ciclo de Saúde ambiental e de Documentación e administración sanitaria, titulados respectivamente Gabinete de asesoramento técnico en saúde ambiental e Os recortes na sanidade pública. Cada premio, cunha dotación económica de 100€ , repartiuse entre os autores dos traballos citados: Carolina Castro, Eugenio Barral e Marcos Corzón no primeiro ciclo; e Mercedes Castiñeiras, Rocio Fernández, Natividad Ferreiro, Alba Freire e Esmeralda López no segundo.
Ó acto presentado pola coordinadora de Dinamización Lingüística, Rosa Conde, asistiu Pura Galán como representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a directora do IES Lamas de Abade, Dolores Picón. Ambas as dúas felicitaron o alumnado ganador e animaron os compañeiros deste curso a presentar os seus proxectos en galego para optar a este premio. Antes da entrega do premio  Begoña Potí, do Equipo de Dinamización Lingüística, reivindicou o valor da nosa lingua tamén para proxectos técnicos coma os ganadores e equiparou a súa conservación coa de calquera outro ser vivo.
Podedes pulsar nas imaxes, ou neste link, para ver múltiples fotografías do evento que compartimos co noso habitual álbum.
           
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer