INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Formación en Depilación Laser con Triphfase

O luns 18 de marzo o alumnado do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar do Lamas de Abade puido contemplar en directo unha demostración didáctica para aprender a manexar o láser « triphase».

O Obradoiro Didáctico tivo lugar nas instalacións de DRV e está a complementarse coa realización de prácticas no propio centro coa colaboración da empresa. En nome da profesora do grupo Mercedes Sáenz manifestar o agradecemento pola eficacia e amabilidade das persoas que colaboraron con esta formación, tanto por parte de  DRV como de  Depilclub. E polo que nos toca ao Centro, manifestar tamén un agradecemento individual a Belén Estévez, unha das responsables da impartición do curso, profesional moi considerada a nivel internacional que está directamente relacionada co IES Lamas de Abade por ser unha das nosas ex-alumnas.

Deixamos Link ao álbum de fotografías do Obradoiro 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer