INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Un día de Museos Científicos

O alumno Sergio Rodríguez de 3º A comparte coa web a crónica da visita aos museos científicos coruñeses do pasado 10 de marzo:

"Un día de museos científicos".

               O día 14 de Marzo fomos de excursión o alumnado de 2º e 3º da ESO. Os sitios a visitar foron primeiro a Domus, a Casa do Home, onde asistimos a un obradoiro de disección e onde nos explicaron algunhas das partes e características do corazón, para que despois, na disección soubéramos algo máis. Nese obradoiro podemos observar a incrible resistencia das válvulas e máis detalladamente as partes e os tecidos do corazón. Cando rematamos o obradoiro deixáronnos tempo libre para visitar o museo, e o que máis me chamou a atención foi a capacidade do ser humano para colaborar incluso coa xente que non che cae ben, para superar un xogo de reflexos.

               A seguinte parada foi ao Aquarium Finisterrae, pero antes, de camiño ao autobús, descubrimos grazas ao libro que lemos en galego "Os nenos da varíola", a homenaxe a Real Expedición Filantrópica de Vacinación que partiu do porto de A Coruña cara América en 1803, froito do compromiso pola ciencia do Doutor Balmis e o Doutor Posse Royvanes, tamén de Isabel Zendal, a dos 22 orfos procedentes de Madrid, A Coruña e Santiago, e que conformarían unha cadea humana de "brazo a brazo" para levar a vacina nunha das maiores xestas médicas da historia da humanidade.

               Xa no acuario, e a pesar dalgún que outro problemiña técnico que finalmente conseguimos superar, puidemos entrar. E a verdade é que paseino bastante ben, non se vai todos os días ao acuario, o malo é que chegou un momento que como xa o tiñamos todo visto, xa resultaba aburrido pero saímos fora, e miúdas vistas había! O que máis nos gustou foi cando lle deron de comer as focas, era bastante gracioso.  (Sergio Rodríguez Casal , 3ºA)

Aquí vos deixamos con algúns dos momentos que puidemos vivir: Álbum de fotos

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer