INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

Viaxe a Roma

08/10/2018
Europe/Madrid

Excursión de Bacharelato en Roma

 

 

 

Durante a semana do 8 ao 12 de outubro unha parte do alumnado de Bacharelato do IES Lamas de Abade estivo realizando una visita cultural na cidade de Roma. A estadía supuxo a realización de visitas ao Vaticano (Museos Vaticanos, Villa Borghese, Museos Capitolinos e Basílica de San Pedro) así como unha toma de contacto coa arquitectura da cidade en importantes e representativas igrexas do Románico, Gótico, Renacemento e Barroco (como Santa María Maggiore, San Carlo alle quattro fontane, San Pietro in Montorio) edificios históricos (como as Termas de Diocleciano, o Panteón, o teatro Marcello ou o Foro Boario) as diferentes prazas e fontes de Roma (Piazza Navona, Fontana de Trevi, Piazza del Popolo e Piazza Spagna), estruturas palatinas (Palacios da Via del Corso, Palazzo Farnese ou Castell SantAngelo) e, como non podía ser doutra maneira, un contacto directo e preferente con toda a Roma Imperial (Foro, Coliseo, Arcos...). Programa intenso que tivo unha enorme rendibilidade cultural, académica e humana.

      

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer