INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

 

POR QUE A CELEBRACIÓN DO 1 DE MAIO

O día 1 de maio celébrase o Día internacional do traballo. Esta é unha xornada de homenaxe aos Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas que foron executados en Estados Unidos por participar en xornadas de loita reclamando unha xornada laboral de 8 horas ( " oito horas de traballo, oito horas de ocio e oito horas de descanso"). Actualmente esta xornada de reivindicación obreira celébrase en moitos países pero en Estados Unidos e Canadá non.

A precariedade laboral, o subemprego femenino, os desafíos que se van a producir no mercado laboral de cara o futuro fan que esta celebración teña vixencia hoxe en día. Así Emir Sader, profesor universitario brasileño, dí nun artigo seu: " Nunca como actualmente, en todo mundo, tanto xente vive do seu traballo, pero nunca como actualmente, en todo o mundo, tanta xente traballa sin os seus dereitos garantidos. Unha sociedade cuia riqueza é resultado do que fan diariamente os traballadores, cada vez recoñeceselle menos, cada vez garantízase menos os seus empregos, os seus dereitos, os seus salarios minimamente dignos. "

Tamén son moi interesantes as reflexións que o profesor Vicenç Navarro fai no seguinte artigo : " Las falsedades del supuesto apocalipsis robótico: ¿el fin del trabajo?  http://blogs.publico.es/vicenc-navarro/2018/05/01/las-falsedades-del-sup...

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer