A illa de todas as illas é un fermoso libro de aventuras escrito por Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas e publicado por Xerais no 2013. Os dous rapaces máis grandes achegáronse á porta da cabina do barco. Ficaron alí sen chegar a entrar de todo. O home olloou para eles sen afastar apenas a vista do mar que a embarcación aproaba e sen ceibar as mans da roda do temón... Así comeza a aventura, como aquela mañá de xullo que colliches a bici para ir ao río na compaña dos teus camaradas. Se prefires practicar o inglés ou o francés, podes escoller calquera destes títulos. A miña preferida é A Illa do Tesouro de Stevenson. The isle of the voices, de Robert Louis Stevenson. Lord of the flies, de William Golding. Robinson Crusoe, de Daniel Defoe. L´île mystérieuse, de Verne. Vendredi ou la vie sauvage, de Michel Tournier. Island of the Blue Dolphins, de Scott O´Dell. Treasure Island, de Robert Louis Stevenson.
|
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer