INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

A ENTREVISTA DE TRABALLO

 

Entrevista persoal

 

Éa proba máis utilizada nos procesos de selección e a que máis peso ten na decisión de contratación.

Trátase dun encontro cun representante da empresa no que se avalía a aptitude e idoneidade do candidato para desempeñar un posto de traballo. Éun método que permite comparar as túas fortalezas e debilidades coas do resto de candidatos.

Durante o transcurso da entrevista non sóse avalían as respostas que dás, tamén se ten en conta a forma na que te comportas, as túas reaccións e a impresión que causas.

Hai moitos tipos, a variabilidade depende da persoa que entrevista (profesional de Recursos humanos da empresa, persoal directivo, persoal de ETTS ou consultoras de Recursos Humanos...), do posto de traballo, ou do tipo de preguntas que se fan.

 

Consellos para afrontar unha entrevista

Antes da entrevista:

       A empresa normalmente cita aos candidatos por teléfono, ten en conta que neste primeiro contacto tes que dar unha imaxe profesional e seria.

       Antes da entrevista éimportante buscar información sobre a empresa, utiliza internet, artigos de prensa, coñecidos que che poidan aportar datos, asociacións empresariais, etc, para conseguir información.

       Estes son algúns dos datos que che interesa coñecer:

                  Sector e actividade da empresa

                Número de traballadores e estrutura e departamentos que conforman a empresa

                Implantación (local, nacional, estranxeiro...)

                Produtos que fabrica, servizos que ofrece, marcas que ten registradas

                Proxectos que ten en marcha

                Volume de negocio

  O seguinte paso érealizar unha análise da túa candidatura:

                Estuda o teu currículum

                Avalía as túas fortalezas e debilidades en relación ao posto ao que optas

                Prepara argumentos convincentes para defender os puntos débiles e estratexias para enfatizar os aspectos positivos.

 

Durante a entrevista:

       A primeira impresión émoi importante, e establécese en grande medida en base áimaxe que deas:

                Coida o teu aspecto

                Compórtate de forma agradable e cordial áhora de saudar.

       Nunha entrevista ten moita importancia non sóo quédis senón como o dis (comunicación non verbal), polo que debes prestarlle atención aos teus xestos, mirada, postura corporal, etc.:

                Mantén contacto ocular coa persoa que te entrevista

                A expresión facial, éindicativa dos pensamentos e emocións (interese, timidez, inseguridade) teno en conta e contarás cun aliado

                Reflicte con xestos que estás atento e comprendes o que che din

                Non xesticules demasiado, podería dar a impresión de nerviosismo e integridade

                Séntate dunha forma natural pero gardando as normas de cortesía, non invadas a mesa ou espazo do entrevistador nin te acomodes coma se estiveras na casa.

 

       Tamén debes ter en conta unha serie de aspectos sobre como respostar:

                Séclaro/a, non te estendas con informacións superfluas.

                Fala dos teus méritos e éxitos (académicos, profesionais, persoais...). En definitiva, saca partido dos teus puntos fortes.

                Utiliza sempre unha linguaxe positiva (por exemplo: ademais en lugar de pero)

                Se non entendes unha pregunta pide que cha aclaren antes de respostar

                Tenta espertar o interese do teu interlocutor, fala con persuasión e seguridade.

                Se che ofrecen a posibilidade de aclarar as dúbidas que teñas non desaproveites a ocasión, fai ver o teu interese polo posto e pola empresa.

                Á hora de despedirte estreita de novo a man do entrevistador agradecéndolle o tempo que che dedicou.

 

Despois da entrevista

       Fai balance da entrevista, tanto dos acertos coma dos erros, se non che saíu como esperabas sempre che pode servir como aprendizaxe para futuras entrevistas.

 

Importante:

       Non deixes lugar áimprovisación, a entrevista hai que preparala (éinteresante facer simulacións de entrevista con algún amigo ou familiar)

       Ten en conta que non sóse estáa avaliar o teu perfil, ti tamén fas unha avaliación da empresa e do interese que ten para ti o posto que che ofrecen

       Hai entrevistas nas que se pon aos candidatos nunha situación incómoda para analizar o seu comportamento, recorda que se non queres non tes que respostar preguntas demasiado persoais ou pouco éticas, ti pos o límite.

 

Erros a evitar:

       Falar demasiado rápido ou demasiado despacio, os nervios pódenche xogar unha mala pasada

       Contestar con monosílabos, trátase de que aportes información sobre os aspectos que che pregunten

       Tutear ao entrevistador se non cho pide previamente

       Comportarte de forma altiva e pouco achegada, trátase de establecer unha relación cordial, que facilite a comunicación.

       Mentir e representar un papel que non che corresponde, podes omitir datos que non che interesa que coñezan, pero nunca inventar.

       Ir vestido incorrectamente, éimportante que coides o teu aspecto e que teñas en conta como éa empresa antes de elixir un estilo máis ou menos formal.

       Criticar a compañeiros, xefes..., sódebes falar dos aspectos positivos, nunca dos negativos.

 

Exemplos de preguntas que che poden formular nunha entrevista

 

Preguntas sobre a formación

Por quéelixiches estes estudos? Cal éo balance da túa elección?

Que materias che gustaron máis? Que materias che resultaron máis fáciles e cales máis difíciles?

Fuches un bo estudante? Cal éa nota media do teu expediente académico?

En que medida as túas cualificacións se deben o teu esforzo e en que medida átúa intelixencia?

Colaboraches durante os anos de formación académica nalgunha actividade extra-académica como voluntariado, actividades culturais, etc? Formabas parte activa dalgunha asociación ou entidade sen ánimo de lucro?

Como costeaches os estudos? Desempeñaches algún tipo de traballo ou práctica profesional mentres estudabas? como valorarías esa experiencia?

Realizaches algún curso de especialización? Que decidiu a túa elección por este curso? Que destacarías da realización deste curso?

Que seminarios ou cursos complementarios tes realizado? Que te motivou a elixilos?

Que idiomas coñeces e que nivel tes? podes contestarme en inglés?

Por que che levou tanto tempo acabar a carreira?

Cal foi a experiencia máis gratificante durante a túa vida como estudante?

 

Preguntas sobre características persoais e o estilo de vida

Poderías dicirme algunha característica persoal positiva e algunha negativa que te definan? Defínete

Considéraste unha persoa intelixente?

Cales son as túas afeccións? Que fas no teu tempo libre?

Se ti foras o encargado de realizar esta selección, Que cualidades che gustaría que reunisa o candidato?

Considéraste unha persoa seria? Por que?

Describe un día normal na túa vida.

 

Preguntas sobre experiencia e prácticas profesionais

Tes realizado prácticas profesionais? Tes experiencia? En que empresas? Que actividades realizabas? Consideras que che aportou algo esa experiencia?

Que áreas de traballo che gustaron máis? Que tarefas encontraches máis difíciles de realizar?

Cóntame algunha situación problemática pola que teñas pasado nesta empresa? Como a resolviches?

Cales eran as túas responsabilidades neste posto?

No teu currículum vexo que hai un período de tempo que non aparece reflectido. Que fixeches durante ese tempo?

 

Preguntas sobre a empresa e o posto de traballo

Por que che gustaría traballar con nós?Coñeces a nosa empresa? Que sabes dela?

En que cres que consiste o posto ofertado? Que che chama a atención deste posto?

Por que pensas que es o candidato axeitado para o posto? De que modo cres que a túa formación che capacita para este posto?

Que soldo queres gañar? Importaríache ter que trasladarte a outra cidade? Tes dispoñibilidade? Poderías incorporarte inmediatamente?

Describe a túa empresa ideal. Que valoras máis nun traballo? Que esperas deste traballo?

Como te ves dentro de cinco anos na túa profesión?

Imaxínate que ti es o director do departamento e que xorde un problema entre dúas persoas do teu equipo que altera o rendemento do grupo.Como o resolverías?

 

Esta información foi recollida da páxina da Universidade de Santiago de Compostela 

https://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/emprego/seleccion/entrevista.html

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer