IES LAMAS DE ABADE, mércores 22 de abril de 2015
O centro IES LAMAS DE ABADE pon en marcha un proxecto de mobilidade Eramus +
denominado Dinamizando Galicia (DiGal)
O noso centro forma parte do Consorcio do proxecto que está coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.
O proxecto ten como destinatarios mozas e mozos de entre 18 e 30 anos que estean realizando os ciclos medios de:
Farmacia
Auxiliar de enfermaría
Perruquería/estética/imaxe persoal
Emerxencias sanitarias
e que rematen:
no ano 2015,
antes de xuño de 2016
ou que remataron en novembro ou decembro de 2014.
O obxectivo principal deste proxecto é facilitar a inserción laboral da mocidade proporcionando a posibilidade de:
coñecer o mercado de traballo,
adquirir experiencia laboral,
poder desenvolver capacidades de autonomía e independencia
e ao mesmo tempo poder mellorar as habilidades lingüísticas e comunicativas nun idioma distinto ao materno.
A actividade consiste en realizar prácticas laborais non remuneradas durante 60 días nunha empresa estranxeira axeitada ao perfil profesional da persoa participante .
Os países nos que se pode realizar a estancia (so poderá ir a un que elixe a persoa candidata):
Italia (Arezzo)
Portugal (Braga ou Viseu)
Irlanda (Cork)
República Checa (Praga)
Francia (Burdeos)
A persoa que resulte beneficiaria da mobilidade terá cubertos todos os gastos da estancia:
viaxes de ida e volta a custo real ata un máximo segundo o país elixido,
aloxamento e manutención
actividades de apoio lingüístico/cultural no país de destino durante 20 horas
e apoio permanente durante a estancia .
Ao regreso recibirá acreditación da experiencia laboral do período que será válida en todo o territorio nacional e europeo:
Certificado de empresa
Certificado Europass
Certificación de habilidades lingüísticas
Certificación da DXXV
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer