INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

LIBRO RECOMENDADO

 

 O libro recomendado para o mes de febreiro é "A fiestra valdeira" de Rafael Dieste. Editado en 1927, é un clásico do noso teatro. Nesta comedia de remate ledo, veremos como se ensarilla a vida de Don Miguel, xunto coa súa dona, a señora Balbina e a súa filla, Adelaida, na vila mariñeira de Rianxo.

"Na casa de don Miguel, vello de boa planta que foi mariñeiro na sua mocedade e fixo despois fortuna no Brasil. A sua indumentaria -traxe azul, botinas longas e esguías, camisa ocre de punto con corbata do mesmo tecido, e boina que até na casa leva posta- recorda, o mesmo que as suas estreitas patillas wagnerianas, a moda mariñeira do seu tempo. Non lonxe dunha grande fiestra por onde se ve a ribeira, as lanchas coas velas ou as redes postas a secar, o peirán vello e os montes abuados por unha brétema levián -galope azul da outra banda do mar-, palica don Miguel co Señor Baldomero, antergo e sabio mariñeiro que hai moitos anos foi coíl á escola. Os dous sentados en cadeiras cómodas -pero non preguiceiras- que deixan ceibe o corpo de és a cabaza, según convén aos seus lanzales movimentos espresivos, de pausada amplitude ou con enérxicos repentes, a estilo mariñeiro..."

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer