INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

LIBRO RECOMENDADO

 

 

 O libro recomendado para o mes de xaneiro é "No ventre do silencio" de X.L. Méndez Ferrín. Novela ambientada na Compostela dos anos cincuenta na que o autor reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio.

 

"Aquilo debeu de ocorrer polo tempo no que en Santiago ardían os buzóns de correos; ou sexa, antes de que os da Centuria, comunmente chamados os Centurións, botasen o cantullo no aceite fervendo da churrería e máis ou menos na época en que todo o mundo comentaba o incidente do guateque na de Heloísa Castiñeiras Vaz.

Santiago, daquela, estaba cheo de fendeduras. Nas rúas podían abrirse laños que, en calquera intre, darían en afondar até se converteren en abismos dos cales tranquilamente era capaz de que fumegasen fétidas solfataras tornasoladas. Non todos estaban no segredo, pero os verdadeiramente coñecedores..."

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer