INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

LIBRO RECOMENDADO

 

O libro recomendado para o mes de novembro é "A represión lingüística en Galica no século XX" de María Pilar Freitas. Nun momento en que desde algúns sectores minoritarios da sociedade se pide a derrogación da Lei de Normalización Lingüística e, en nome da liberdade, se pretende revogar o decreto polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo, ou mesmo se propón lexislar para protexer o castelán fronte á imposición das outras linguas españolas, este libro vén demostrar que se houbo unha lingua reprimida e perseguida en Galiza, esta foi o galego.

"No ano 2006 cumpríronse setenta e cinco anos da proclamación da II República e setenta do comezo da guerra civil, e con tal motivo foi declarado Ano da Recuperación da Memoria Histórica polos Parlamentos español e galego. Con este traballo queremos achegar un pequeno gran de millo que coadxuve a (re)escribir a historia cultural máis recente de Galiza..."

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer