INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

STEMBach

0 bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), ademais de cumprir a finalidade prevista con carácter xeral para o Bacharelato ao abeiro do Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, contribuirá a favorecer no alumnado o afondamento no traballo das competencias matemática e básica en ciencia e tecnoloxía mediante os elementos e os procedementos da investigación e do método científico, dun xeito rigoroso, ordenado e critico e para desenvolver investigacións propias.

Proporcionará un contexto organizativo no que o alumnado mais motivado para afondar nos seus estudos e o profesorado responsable das distintas materias podan acadar a excelencia nos coñecementos, cunha metodoloxía baseada na investigación como principio esencial, realizar practicas para coñecer as aplicacións reais da ciencia e a técnica, asi como adquirir unha formación actualizada e autónoma que les estimule para os futuros estudos universitarios.

Obxectivos especificos

O bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), ademais dos obxectivos xerais para o Bacharelato recollidos no Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, contribuirá a:

a) Promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación a ensinanza universitaria é tendo en conta a perspectiva de xénero.

b) Favorecer unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e critica.

c)Facilitar no proceso de aprendizaxe do alumnado o desenvolvemento de competencias transversais como a creatividade, o sentido da iniciativa e o emprendemento, a resolución de problemas, o traballo en equipo, o pensamento critico e a cidadanía global.

d)Mellorar as destrezas comunicativas e expresivas (orais e escritas), tanto nas linguas cooficiais como nas linguas estranxeiras presentes na etapa educativa, con énfase na comunicación e divulgación científica.

e) Traballar en contextos que favorezan un pleno desenvolvemento das competencias dixitais.

f) Proporcionar unha relación mais estreita entre o profesorado e o alumnado co fin da elaboración de investigacións de xeito conxunto, facilitando unha aprendizaxe do alumnado eficaz e cada vez máis autónoma.

Caracteristicas xerais

1. O bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) comprende dous cursos académicos que se corresponden co primeiro e segundo curso da etapa e terá unha duración mínima de dous cursos.

2. 0 alumnado que se incorpore a este bacharelato no primeiro curso terá asegurada a súa continuidade ao segundo curso no caso de promocionar.

3. 0 alumnado que se incorpore a este bacharelato cursara, para todos os efectos, calquera das modalidades reguladas no Decreto polo que se establece a ordenación e o curricular de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se establece o currículo de educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.

4. O currículo das materias dos diferentes bloques será o establecido no Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

5. A avaliación, promoción e titulación do alumnado deste programa rexerase pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

6. O principio metodolóxico básico do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) é fomentar o pensamento científico e o enfoque practico de indagación e resolución de problemas, a través da realización dun proxecto de investigación. Deste xeito o alumnado integrara como parte do seu desenvolvemento formativo competencias que lle permita elaborar, expoñer e argumentar de forma razoada estes traballos resultado dunha metodoloxía científica.

Ordenacion das ensinanzas

0 alumnado que se incorpore ao bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía(STEMbach):

a) Cursará unha materia de afondamento1 relacionada co ámbito STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñeira e matemáticas) extracurricular, en 1° e 2° de bacharelato, que poderá basearse no afondamento dalgunha ou dalgunhas das materias relacionadas con este ámbito ou ter un enfoque interdisciplinar, con orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. Terá unha carga lectiva semanal de 2 ou 3 horas fóra do horario ordinario do alumnado. Esta materia será a mesma nos dous cursos coa correspondente secuenciación curricular.

b) Desenvolverá un proxecto de investigación2, ao longo desta etapa, relacionado con calquera ámbito de coñecemento das materias cursadas no bacharelato.

c) Realizará actividades complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou persoas investigadoras de recoñecida competencia; como conferencias, obradoiros ou proxectos. Terán unha duración mínima de 20 horas ao longo dos dous cursos, 12 horas no primeiro curso do programa e 8 horas no segundo, e levaranse a cabo fóra do horario ordinario de docencia directa do alumnado.

d) O alumnado que obteña o titulo tras cursar este bacharelato, logo da avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, recibirá unha credencial da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa. A mencionada certificación farase constar mediante dilixencia no historial académico do alumno/a e no informe persoal por traslado, de ser o caso.

 

 

(1) A materia de afondamento pode ser consultada no seguinte enlace. O horario de impartición de docencia de dita materia se decidirá a principio de curso en función da disponibilidade do alumnado, por norma xeral será unha tarde fora do horario lectivo.

(2) O proxecto de investigación é en colaboración coa Facultade de Químicas de Santiago de Compostela

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer