INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Para que serven os estudos de economía no bacharelato?

RESULTAN ESPECIALMENTE INDICADAS PARA…

  • O alumnado que desexe cursar estudos universitarios das Ciencias Sociais e Xurídicas. Son moitas as titulacións relacionadas coa materia de Economía da Empresa, que pondera con 0,2  e con 0,1 en varios graos.
  • Tamén para o alumnado que vaia cursar calquera ciclo de formación profesional, como preparación aos módulos de “Formación e Orientación Laboral” e “Empresa e iniciativa emprendedora“ presentes en todos eles.
  • Para os que formulen o seu futuro no mundo laboral tratando de levar adiante os seus propios proxectos empresariais ou dando continuidade a pequenas empresas familiares.
  • Para os que busquen un posto de traballo de dirección ou de tipo administrativo ou relacionado con actividades comerciais, hostaleiras ou turísticas.
  • Para ter unha visión da realidade empresarial na que, máis tarde ou máis pronto, van desenvolver  a súa actividade laboral, sexa cal sexa o seu labor dentro daquela. Estas materias dan resposta a varios interrogantes como que é una empresa e como funciona, que clases de empresas existen, que beneficios e custes supón a actividade  empresarial para a sociedade, como é a organización interna dunha empresa, que influenza teñen as tecnoloxías da información e comunicación na xestión,...
  • Para comprender mellor o mundo en que vivimos e para  aprender a tomar mellores decisións económicas e financeiras: previr o endebedamento excesivo, mellorar as decisións de aforro, coñecer dereitos e deberes como traballadores, formarse como consumidores responsables,…

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer