Mar | ||
---|---|---|
O Departamento de Fol organiza do 10 ao 14 de febreiro de 2020 as III XORNADAS DE ORIENTACIÓN. No cartel anunciador puxéronse os logos de Proxectos feitos polo alumnado: AGNÓDICE (Anatomía), CODIFIC.ES (Documentación), RIBEIRA SACRA SPA (Estética), PEINARTE (Peiteado), PRONLAB (Próteses) e M.E.I. (Estética). Esperamos con impaciencia a realización destas interesantes xornadas, que se fan dende o ano 2018. Start: 11/02/2020 13:35
O alumnado de 2º de Bacharelato (Grupos A e B) asistirá este martes 11 de febreiro (en horario de 13:35 a 14:25) a unha conferencia sobre "María Miramontes e as Irmandades da Fala". De seguro a conferencia resultará de grande interese e analizará en profundidade a importante tarefa desenvolvida por María Miramontes no ámbito do activismo político galego de principios do século XX e o seu protagonismo dentro da directiva das Irmandades. |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer