Actividade de concienciación desenvolvida pola Policía Local de Santiago para os cursos A e B de 1º Bacharelato en horario de 9:00 a 11:00 e co obxectivo de sensibilizar sobre as pautas correctas de educación viaria.
Os Ciclos Superiores de Sanidade (Anatomía 1º e 2º, Documentación 1º e 2º e Saúde Ambiental 1º) gozarán o mércores 15 de xaneiro da charla "Estudos de Medicina. Un reto de Futuro" impartida por D. Juan Cuevas Álvarez. A actividade terá lugar no Salón de Actos do Lamas de Abade entre as 10.35 e as 11:25 horas da mañá
O alumnado de Música dos cursos de 1º de Bacharelato, 4º da ESO e 3º da ESO grupo B gozará o 16 de xaneiro do 2020 no Auditorio de Galicia dun Concerto Didáctico dirixido por Maximino Zumalave que contará coa participación da compañía Títeres Per Poc e con Marta Lado como narradora. O horario será entre as 10:20 e as 12:30 cunha actuación sobre a obra "Romeo e Julieta" de Prokófiev.
O alumnado dos cursos de 2º da ESO (grupos A e B) gozarán o 17 de xaneiro do 2020 no Auditorio de Galicia dun Concerto Didáctico dirixido por Maximino Zumalave que contará coa participación da compañía Títeres Per Poc e con Marta Lado como narradora. O horario será entre as 10:20 e as 12:30 cunha actuación sobre a obra "Romeo e Julieta" de Prokófiev.
O martes 21 os cursos de 2º ESO A e B asistirán a unha representación de teatro en inglés de 9:15 a 11:30 para ver a obra de teatro "Drácula" no Auditorio Abanca.
O alumnado de 3º (A e B) e 4º da ESO terá o xoves 23 de xaneiro a posibilidade de presenciar a representación teatral de gran éxito titulada "Vida de Cans" do Grupo Talía Teatro en horario de 11:15 a 13:30.
Se queredes ir abrindo boca compartimos o simpático trailer da actuación que podedes atopar en Youtube
O luns 27 o alumnado de Francés dos cursos de 2º ESO (A e B) e 3º ESO (A e B) asistirá a unha representación da obra de teatro de Víctor Hugo "Quasimodo". A representación está adaptada ao nivel do alumnado e contará con moitas partes en castelán para facilitar a comprensión. Esta actividade terá lugar no Auditorio La Salle de 9:30 a 11:30. Se queredes ampliar a información podedes pulsar no seguinte enlace para acceder ao proxecto didáctico proposto pola compañía teatral.
Alumnado de 4º da ESO e 1ºA e B de Bacharelato gozarán dunha proxección especial da película "Eroski Paraíso" na Sala Numax o mércores 29 de xaneiro en horario de 9:30 a 12:30.
Se queredes saciar a curiosidade sobre a película antes da actividade compartimos link completando información.
O alumnado de 1º da ESO (Grupos A e B) está a preparar, co profesorado de Lingua Galega, un conxunto de contos infantís para proceder a unha lectura dramatizada diante do alumnado do CEIP Lamas de Abade este vindeiro mércores sobre as 10:35 horas.
O Ciclo Medio de Emerxencias visitará a Base Medicalizada de Santiago de Compostela os días 5 e 10 de febreiro en horario de tarde (entre as 16:00 e as 19:00 horas)
O alumnado do 1º Curso de Próteses Dentais visitará este mércores 5 de febreiro o "Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela" en horario de tarde (16:00 a 18:30)
O venres 7 de febreiro o 2º curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais visitará os Laboratorios Elidente no Polígono do Tambre en horario de 9:30 a 11:30 para coñecer de primeira man unha empresa do sector que inviste gran parte dos seus ingresos en tecnoloxía, investigación e formación. Por este motivo preséntanse coma un dos laboratorios con maior infraestrutura CAD/CAM a nivel nacional, aspecto este último de especial interese para o noso alumnado e motivo principal para a realización da visita.
O Departamento de Fol organiza do 10 ao 14 de febreiro de 2020 as III XORNADAS DE ORIENTACIÓN.
No cartel anunciador puxéronse os logos de Proxectos feitos polo alumnado:
AGNÓDICE (Anatomía), CODIFIC.ES (Documentación), RIBEIRA SACRA SPA (Estética), PEINARTE (Peiteado), PRONLAB (Próteses) e M.E.I. (Estética).
Esperamos con impaciencia a realización destas interesantes xornadas, que se fan dende o ano 2018.
O Ciclo Medio de Emerxencias visitará a Base Medicalizada de Santiago de Compostela os días 5 e 10 de febreiro en horario de tarde (entre as 16:00 e as 19:00 horas)
O Departamento de Fol organiza do 10 ao 14 de febreiro de 2020 as III XORNADAS DE ORIENTACIÓN.
No cartel anunciador puxéronse os logos de Proxectos feitos polo alumnado:
AGNÓDICE (Anatomía), CODIFIC.ES (Documentación), RIBEIRA SACRA SPA (Estética), PEINARTE (Peiteado), PRONLAB (Próteses) e M.E.I. (Estética).
Esperamos con impaciencia a realización destas interesantes xornadas, que se fan dende o ano 2018.
O alumnado de 2º de Bacharelato (Grupos A e B) asistirá este martes 11 de febreiro (en horario de 13:35 a 14:25) a unha conferencia sobre "María Miramontes e as Irmandades da Fala".
De seguro a conferencia resultará de grande interese e analizará en profundidade a importante tarefa desenvolvida por María Miramontes no ámbito do activismo político galego de principios do século XX e o seu protagonismo dentro da directiva das Irmandades.
O Departamento de Fol organiza do 10 ao 14 de febreiro de 2020 as III XORNADAS DE ORIENTACIÓN.
No cartel anunciador puxéronse os logos de Proxectos feitos polo alumnado:
AGNÓDICE (Anatomía), CODIFIC.ES (Documentación), RIBEIRA SACRA SPA (Estética), PEINARTE (Peiteado), PRONLAB (Próteses) e M.E.I. (Estética).
Esperamos con impaciencia a realización destas interesantes xornadas, que se fan dende o ano 2018.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer