INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Novembro 27, 2019
Start: 27/11/2019 10:35

"A estética facial e as súas expresións supoñen unha importante arma no proceso de comunicación non verbal dos seres humanos. Trátase de describir os factores que teñen influencia no desenvolvemento da comunicación e como podemos influír neles"

Baixo esta idea o mércores 27 de novembro o Profesor José María Suárez Quintanilla (Facultade de Medicina e Odontoloxía) impartirá no Lamas de Abade a charla titulada "A linguaxe non verbal e a estética facial como medio de comunicación"

A actividade desenvolverase dende as 10:35 horas no Salón de Actos para os seguintes grupos: 1º PRODEN, 1º ESBEL, 1º PECOCA e 1º ESIMBE 

Luns Decembro 02, 2019
Start: 02/12/2019 16:00

O luns 2 de decembro de 2019 terá lugar unha charla sobre a "Organización Nacional de Trasplantes" no Salón de Actos do Lamas de Abade que dará comezo ás 16:00 destinada ao 1º e 2º curso de FAEPA (Farmacia e Parafarmacia) Ordinario e Adultos

Martes Decembro 03, 2019
Start: 03/12/2019 10:35

Santiago Lopo estará o martes 3 de decembro co alumnado de 1º de Bacharelato en horario de 10:35 a 11:25 no ciclo de "Conferencias na Biblioteca"

Lopo é un dos autores máis destacados da narrativa galega actual. Abonda con dicir que xa foi premiado na súa carreira co "Premio García Barros" e co "Xerais" coas obras "Hora Zulú" e "A arte de trobar". A gozar da experiencia!

    

Luns Decembro 09, 2019
Start: 09/12/2019 16:00

O luns 9 de decembro deste 2019 a partir das 16:00 desenvolverase no IES de Lamas unha conferencia sobre "Hixiene Oral" a cargo dos Laboratorios Dentaid. O alumnado para o que está programada a actividade será o de 1º e 2º de Faepa (grupos A e B) e o alumnado de CAE Adultos.

 

Venres Decembro 13, 2019
Start: 13/12/2019 11:30

O 13 de decembro, entre as 11:30 e as 13:30, o alumnado de 1º de Bacharelato gozará dunha visita guiada pola Cidade da Cultura de Galicia no Monte Gaiás de Santiago de Compostela.

Martes Decembro 17, 2019
Start: 17/12/2019 08:55

Os cursos 1º e 2º de Próteses Dentais desenvolverán o día 17 de decembro en horario de xornada compketa (8:55 a 18:00) unha visita aos Laboratoris Sineldent e Dental López da cidade de Ourense

Start: 17/12/2019 16:00

O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Documentación e Administración Sanitarias poderá gozar o martes 17 en horario de tarde (16:00 horas) da charla titulada "Orientación Laboral para Técnico en Documentación Sanitaria" impartida por Mª del Carmen Martínez Santiso (Dirección de Documentación y Archivo de Galicia HM Hospitales)

Mércores Decembro 18, 2019
Start: 18/12/2019 10:45

Os cursos de 3º e 4º da ESO poderán desprenderse de todas as tensións acumuladas neste intenso trimestre visitando a Pista de Xeo da cidade o próximo mércores 18 de 9:45 a 12:45. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer