INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Outubro 21, 2019
Start: 21/10/2019 10:00

O luns 21 de outubro desenvolverase no Lamas de Abade unha conferencia sobre a enfermidade de Lyme a cargo da naturópata e micronutricionista Deborah Jublin, especialista no tema e moi implicada na difusión desta doenza que causa notables trastornos para a saúde por mor da picadura dunha carracha ou dun mosquito e pasa moitas veces desapercibida.

A actividade está programada en horario de 10:00 a 11:25 para o 1º e 2º curso de FAEPA Ordinario (Farmacia e Parafarmacia) e para o 1º e 2º curso de CS de Saúde Ambiental.

Martes Outubro 22, 2019
Start: 22/10/2019 09:50

Carlos Spuch, doutor en Bioloxía e Científico Investigador Senior do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, impartirá unha charla divulgativa no Auditorio "La Salle" o vindeiro 22 de outubro en horario de 9:50 a 12:45. Asistirá a esta actividade o alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría (CAE) diurno.

Para ir entrando en materia compartimos link a unha recente entrevista que lle realizaron sobre este tema no xornal La Voz de Galicia

Venres Outubro 25, 2019
Start: 25/10/2019 10:20

O próximo 25 de outubro o alumnado da materia de música de 1º e 2º de Bacharelato e e 4º da Eso asistirá ao Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia con Paul Daniel como director e para escoitar a Sinfonía nº1 en sol menor de Chaikovski coñecida como "Sonos de inverno"

O horario da actividade irá de 10:20 a 12:30 da mañá 

Luns Novembro 04, 2019
Start: 04/11/2019 09:00

O alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Estética terá a oportunidade de asistir a un obradoiro especial de Reflexoloxía Podal a cargo da destacada profesional Mª Carmen Matalobos no Taller 2 de Estética o vindeiro 4 de novembro.

Para quen non a coñeza, Mª Carmen Matalobos é unha recoñecida profesional deste ámbito, con décadas de experiencia, e da que podemos atopar múltiples referencias positivas na web relacionadas co seu traballo entre as que destacamos por exemplo a entrevista da Voz de Galicia "las manos casi santas de Mari Carmen" ou este artigo nun blog especializado titulado "Salud en la planta de los pies" en referencia ao coidado dos pes en idade infantil. Rendibilizade os seus coñecementos compartidos!!!!

Start: 04/11/2019 11:55


 

O alumnado de 3º e 4º da ESO terá o vindeiro luns unha interesante charla con Francisco Méndez Gómez sobre a "Economía circular". A actividade terá lugar na Biblioteca do Lamas xusto na hora despois do recreo (11:55 a 12:45)

Mércores Novembro 06, 2019
Start: 06/11/2019 09:00

 Un ano máis o CS de Estética Integral e Benestar (2º Curso) participará no Curso Formativo de Termalismo do Balneario de Cuntis. A data de realización do curso será o mércores 6 de novembro de 2019 durante toda a xornada acompañados de profesorado do Centro.

Xoves Novembro 07, 2019
Start: 07/11/2019 11:55

Falar de Suso de Toro é falar de Literatura Galega con maiúsculas, pero tamén destaca polos seus traballos en teatro, televisión, cinematografía, xornalismo e compromiso político. 

Por todo isto Suso de Toro será o convidado para unha charla na Biblioteca do Lamas o próximo 7 de novembro da que gozará o alumnado dos cursos de 1º e 2º de Bacharelato das materias de "narrativas cinematográficas" e "Cinema e Literatura galegos". A actividade está programada para comezar ás 12:00

Start: 07/11/2019 12:45

O Departamento de Orientación ten organizado un programa de actividades pensando na celebración do "día contra a Violencia de Xénero" que se celebrará o 25 de novembro.

Neste contexto a primeira das actividades programadas será esta conferencia titulada "Medrando en Igualdade" que se impartirá o 7 de novembro no Salón de Actos. O alumnado de 1º da ESO asistirá entre as 12:45 e as 13:35, e o alumnado de 2º da ESO asistirá entre as 13:35 e as 14:25. 

Luns Novembro 11, 2019
Start: 11/11/2019 16:00

A prestixiosa marca de cosmética Avène con sede en París, responsable do desenvolvemento de multitudes de cremas, augas micelares e produtos de maquillaxe entre outros moitos, impartirá no Lamas de Abade unha charla sobre o Acné.

O alumnado que asistirá a esta charla será o matriculado nos cursos de 1º e 2º de FAEPA-B.

A charla será impartida o vindeiro luns 11 de novembro en horario de tarde dende as 16:00 horas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer