Os Cursos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato acudirán o luns á Sala Numax para visionar a película "Suffragette" en Versión Orixinal en lingua inglesa. A actividade está organizada polo Departamento de Inglés para o día 8 de abril en horar
io de 9 a 11:30 . Se queredes máis información pulsade para ver a web de Numax e se vs interesa información da película, neste caso en galego ou castelán, pulsade neste Link
Comezo do prazo para a solicitude de participación nas Probas Libres para a obtención do título de FP (LOE). Este prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril ás 13:00 horas.
Se precisan información detallada do proceso:
1- Calendario Matrícula Probas Libres FP (LOE)
2- Link páxina da Xunta (Normas, requisitos, Documentación, Prazos)
Do 23 ao 26 de abril celebraremos no Lamas de Abade a Semana Cultural InmigrACCIÓN.
Podedes ver o programa completo da actividade pulsando neste link ou na imaxe que acompaña esta nova.

O día 25 de abril no Taller nº 2 terá lugar a celebración dun "Obradoiro de Extensión de Pestanas" para o 1º Ciclo Medio de Estética e Beleza a cargo da relatora Raquel (DVR). O profesorado implicado pola actividade será Asunción Crespo, Beatriz Corbacho e Carla Mujico.
Do 23 ao 26 de abril celebraremos no Lamas de Abade a Semana Cultural InmigrACCIÓN.
Podedes ver o programa completo da actividade pulsando neste link ou na imaxe que acompaña esta nova.
O alumnado de 1º da ESO (grupos A e B) visitará a cidade de Lugo e os seus arredores nunha actividade de colaboración entre os Departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Inglesa e Lingua Castelá. No marco temático da Historia Antiga de Galicia visitarán Lugo, Santa Eulalia de Bóveda e o Castro de Viladonga o vindeiro 30 de abril durante toda a xornada. Estarán acompañados por Guadalupe Rodríguez, Alicia Romero, Mª Carmen García e Antonio Tizón.
Concerto Didáctico no Auditorio de Galicia organizado polo Departamento de Música para o alumnado de 2º A e B e 3ºA da ESO. A actividade estará desenvolvida pola Orquestra de Malabares que busca a unión entre o mundo do Circo e as tradicionais Bandas Municipais de Música. A actividade terá lugar en horario de 9:30 a 12:00 da mañá. Deixamos Link para as persoas que desexen máis información
Poucos días despois do seu percorrido por Lugo os agrupamentos de 1º da ESO gozarán dunha nova saída. Nesta ocasión desenvolverán unha estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda (Ourense) organizada polo Departamento de Educación Física. A actividade está programada para os días 6,7 e 8 de maio. Que sexa de gran proveito este prolongado contacto coa natureza!!
O día 6 de maio deste 2019 terá lugar no Taller nº 2 durante toda a mañá un "Obradoiro de Maquillaxe con Aerógrafo" para o alumnado de 2º de FP Básica de Peiteado e Estética e para o do 1º CM de Estética e Beleza.
O obradoiro estará a cargo de K-PPEL, empresa de prestixio no campo dos produtos de peiteado e estética) organizado polas profesoras Rosa Álvarez e Carla Mujico e implicando tamén ao seguinte profesorado: Ángeles Domínguez, Mercedes Sáenz, Beatriz Corbacho e Ana Campaña
Poucos días despois do seu percorrido por Lugo os agrupamentos de 1º da ESO gozarán dunha nova saída. Nesta ocasión desenvolverán unha estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda (Ourense) organizada polo Departamento de Educación Física. A actividade está programada para os días 6,7 e 8 de maio. Que sexa de gran proveito este prolongado contacto coa natureza!!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer