INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Xaneiro 24, 2019
Start: 24/01/2019 11:50

Co obxectivo de fomentar a lectura e propiciar un enriquecedor debate cunha autora recoñecida no mundo das letras, o alumnado do Clube de Lectura do Instituto terá un encontro literario coa coñecida escritora Teresa Moure o vindeiro 24 de xaneiro de 2019 na hora posterior ao recreo (11:50 a 12:40). Os cursos nos que se encadra este alumnado son o 3º e 4º da ESO e o 1º de Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades (afectando polo tanto ás clases que deberían ter nese horario). 

Venres Febreiro 08, 2019
Start: 08/02/2019 10:30

O venres día 8 o 2º Curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais, acompañados por Montserrat Pereira e Ana Belén Gómez, visitarán o Laboratorio Elidente entre as 10:30 e as 12:30 da mañá. 

Luns Febreiro 11, 2019
Martes Febreiro 12, 2019
Mércores Febreiro 13, 2019
Xoves Febreiro 14, 2019
Venres Febreiro 15, 2019
Start: 11/02/2019 09:00
End: 15/02/2019 19:05

Luns Febreiro 18, 2019
Start: 18/02/2019 10:00

O luns 18 realizarase no Lamas de Abade unha nova actividade de sensibilización coa Seguridade Viaria impartida pola Policía Local de Santiago para o alumnado de 3º ESO A e B no Salón de Actos desde as 10:00 ata as 11:30. 

Xa o mes pasado, na primeira visita da Policía Local ao Centro, fixemos unha presentación dos obxectivos que se querían acadar con esta actividade. Se queres máis información pulsa aquí

Martes Febreiro 19, 2019
Start: 19/02/2019 16:50

Logo Youtubeir@sCharla sobre o proxecto Youtubeir@s o martes 19 de febreiro pola tarde para o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato que poida ter interese no proxecto e na IIIª Convocatorio dos Premios Youtubeir@s que teñen aberto o seu prazo de inscrición recentemente.

Deixamos aquí link á web do proxecto. Ánimo e a participar

Mércores Febreiro 20, 2019
Start: 20/02/2019 10:00

Os cursos 1º e o 2º do Ciclo Superior de Saúde Ambiental visitarán o vindeiro día 20 de febreiro de 2019 dende as 10:00 da mañá a Estación Depuradora de Augas Residuais e a Estación de Tratamento de Auga Potable de Santiago de Compostela. Boa visita

Xoves Febreiro 21, 2019
Start: 21/02/2019 10:20

Os días 21 e 22 de febreiro o alumnado do Lamas de Abade acudirá aos Concertos Didácticos organizados no Auditorio de Galicia pola Real Filharmonía de Galicia e o multiinstrumentalista Abraham Cupeiro.

O día 21 será turno do 2º ESO A e 3º ESO B así como do alumnado de Música de 4º ESO A e B. O día 22 acudirá o alumnado de música de 1º de Bacharelato

Esta previsto a saída do Instituto sobre as 10:20 e o retorno para as 12:40

Se queredes atopar máis información desta interesante actividade musical que propón unir as diferentes partes do planeta mediante a música podedes pulsar neste Link

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer