Xornada Eduemprende Actúa
Enviado por admin o Xov, 08/04/2021 - 10:03O pasado martes 6 de abril realizcouse no IES García-Barbón a xornada de Eduemprende Actúa levada a cabo coa participación de María Traveso (Promove Consultoría e Formación) e José Antonio Quintas (Roombo) para fomentar no noso alumnado o espírito emprendedor e achegar realidades de emprendemento ao centro educativo.
Convocatoria do III Concurso de Podcasts-Radio na biblio
Enviado por Biblioteca o Mér, 07/04/2021 - 08:12A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas escolares, fai pública a Resolución de 17 de marzo de 2021, pola que se convoca o III Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poeta, editora, tradutora e profesora Xela Arias, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre a valoración da lingua materna, reforzo da lectura de poesía galega ou o achegamento ao mundo do libro, da edición e da tradución, do que era coñecedora a autora homenaxeada.
O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 26 de abril de 2021.
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convoc_concurso_podcast_2021_asinado.pdf
Mulleres da contorna de Verín
Enviado por Anónimo o Lun, 05/04/2021 - 21:54Durante o mes de marzo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega recopilou biografías e entrevistas de mulleres de Verín e da súa contorna.
O Concello de Verín convoca dous Certames Literarios
Enviado por admin o Xov, 18/03/2021 - 14:03O Concello de Verín convoca os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” para celebrar o día das Letras Galegas
Co fin de fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca, coa colaboración de Gadis, o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. que terá lugar no Auditorio Municipal de Verín o día 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas.
Plan COVID do IES García Barbón (actualizado)
Enviado por admin o Mar, 16/03/2021 - 13:28Plan Covid-19 actualizado by dveiga on Scribd
Nova biblioteca do IES García Barbón
Enviado por Web o Mar, 09/03/2021 - 11:48O IES García Barbón ten unha nova biblioteca podedes visitala a través do recorrido virtual do centro.
Clicando na imaxe podedes movervos pola biblioteca:
Aprendendo a aprender (Héctor Ruiz Martín)
Enviado por admin o Lun, 08/03/2021 - 12:08Avaliación da satisfacción do alumnado de Formación Profesional
Enviado por admin o Xov, 04/03/2021 - 12:49Avaliación da satisfacción do alumnado de Bacharelato
Enviado por admin o Xov, 04/03/2021 - 12:48