Saltar navegación.
Inicio

FORMACIÓN EN IGUALDADE

Onte voltou Priscila ao noso centro para seguir formándonos en Igualdade e aprendimos e desaprendimos unha morea de cousas!

FORMACIÓN EN IGUALDADE

NOVAS INCORPORACIÓNS PARA A BIBLIOTECA

Infórmovos das novidades da biblioteca vinculadas ás materias do Departamento de Historia. Lecturas interesantes tanto para o alumnado de 1º como de 2º de bacharelato

NOVAS INCORPORACIÓNS PARA A BIBLIOTECA

Encontros virtuais da Universidade de Santiago

Os Encontros Virtuais da USC terán lugar do 7 ao 13 de abril, dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos Formativos de Grao Superior.
Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...
Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, nestas Xornadas poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade.
Esperamos que estas datas permitan que os e as estudantes poidan conectarse con mais facilidade.

Libros de orientación na biblioteca proporcionados polo departamento de Orientación

Na biblioteca tedes á vosa disposición novos libros sobre técnicas de estudo, globalización, autoestima, felicidade, trastornos da alimentación e unidades didácticas moi interesantes.

Moitas grazas ao Departamento de Orientación do centro por proporcionar todo este material!!!

Botádelle unha ollada!!!

ACTIVIDADES MES DE ABRIL CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO

O mes de abril xa está aquí!!

Desde o EDLG e a Biblioteca do IES García Barbón queremos propoñervos varias actividades relacionadas cos libros que podedes facer durante este mes. Animádevos e participade!!!

Adianto do prazo para solicitar becas no vindeiro curso 2022-2023

O novo prazo de solicitude de becas é do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022 (solicitude vía internet)

A alta na sede electrónica do Ministerio de Educación é un paso previo e imprescindible para poder cumprimentar a túa solicitude.

Web de becas do Ministerio de Educación.

 

A REVISTA MEIGALLO XA CHEGOU!!!

Depois da presentación virtual da revista, xa temos na biblioteca tres exemplares impresos. Non dubidedes en consultalos e propoñer opcións e ideas para colaborar no próximo número!!!

Queremos que a revista siga durante moito tempo e para iso precisamos a vosa axuda!!!

 

Solicitude de admisión nos estudos de Bacharelato

Solicitude de admisión nos estudos de Bacharelato.
Prazo aberto: do 1 de marzo ao 21 de marzo
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/846

 

Exposición Mestras

A profesora Alba Gómez e o seu alumnado de Historia da Arte converten o IES García Barbón de Verín nun pequeno museo a través da exposición “Mestras” coa finalidade de reivindicar o espazo das mulleres na Historia da Arte, un espazo do que foron borradas e expulsadas prácticamente ata a actualidade. Pensemos que o libro que segue a ser o máis vendido sobre a materia, o famoso manual de Gombrich, apenas inclúe o nome dalgunha artista ou nos propios contidos do exame ABAU, onde por primeira vez este ano aparecen 7 artistas que naufragan entre os nomes dunha morea de homes. Co pensamento de transitar un novo camiño, que debe partir tamén da escola, o alumnado elaborou con agarimo, curiosidade e asombro as audioguías das obras aquí seleccionadas, cunha perspectiva crítica, xa que non pode ser doutro xeito.



Mostras da exposición:

Judit decapitando a Holofernes (Artemisia Gentilleschi)

Narración de Tatiana Barja Rivero

 

A idade madura (Camille Claudel)  

Narración Cristina Rivero Martínez, Lucas Pardo Pardo, Tatiana Barja Rivero

 

 

A Verbena (Maruxa Mallo)

Narración Lucas Pardo Pardo

 

 

Untitled Film Stills (Cindy Sherman) 

Narración Cristina Rivero Martínez

Distribuir contido