Funcionamento
Libros de orientación na biblioteca proporcionados polo departamento de Orientación
Enviado por Biblioteca o Lun, 04/04/2022 - 13:57Na biblioteca tedes á vosa disposición novos libros sobre técnicas de estudo, globalización, autoestima, felicidade, trastornos da alimentación e unidades didácticas moi interesantes.
Moitas grazas ao Departamento de Orientación do centro por proporcionar todo este material!!!
Botádelle unha ollada!!!
23 F. Día de Rosalía de Castro
Enviado por Biblioteca o Mér, 23/02/2022 - 12:05Hoxe é o día da nosa gran poeta galega, Rosalía de Castro.
Neste cartel vemos debuxos feitos por alumnado do noso centro.
PROGRAMA ENTROIDO IES GARCÍA BARBÓN
Enviado por Biblioteca o Mar, 22/02/2022 - 14:16O ENTROIDO XA CHEGOU!!!
Este xoves 24 de febreiro celebramos o Entroido no IES García Barbón e contamos con moitas actividades.
-Ás 12h dará comezo o concurso de disfraces.
-Ás 13 horas ou despois do concurso, haberá diferentes actividades: xogos populares e pingpong no patio, concurso de baile no patio cuberto, xogos na bilbioteca e bingo na aula de informática (bingo e biblioteca ata encher o aforo).
-A partir das 13h a profe Mayca dará unha charla sobre o Entroido nunha aula aínda por determinar.
INSTRUCIÓNS ACTIVIDADES NADAL
Enviado por Biblioteca o Ven, 17/12/2021 - 13:37CHEGAN AS ACTIVIDADES DO NADAL
Lembrade que esta vez non é un campionato, a división por equipos só ten a función de respectar o aforo en cada espazo.
Concurso postais de Nadal
Enviado por Biblioteca o Xov, 02/12/2021 - 09:49Participa no concurso de postais de Nadal!!!
-Elixe unha imaxe de Nadal.
-Acompaña a imaxe dunha frase de felicitación.
-Envía a postal resultante nun arquivo pdf antes do 13 de decembro ao correo iesgarciabarbon.edlg@gmail.com
-A postal gañadora publicarase na páxina web e nas redes sociais do centro.
Concurso lemas contra a violencia de xénero
Enviado por Biblioteca o Lun, 15/11/2021 - 14:28Participa no concurso de lemas contra a violencia de xénero. Tes ata o 22 de novembro para envialo ao correo carmen.manzano.lengua@gmail.com
O lema gañador será o que representará ao noso IES.
Anímate e participa!!!
VOTACIÓNS PARA O CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN 2021-22
Enviado por Biblioteca o Ven, 29/10/2021 - 12:35VOTA OS TEUS DOUS RELATOS FAVORITOS.
Podes ler os textos no PDF de abaixo ou ben na biblioteca do centro.
Hai unha urna nas mesas da biblioteca para introducir o teu voto anónimo, no que debes poñer os dous números dos teus dous microrrelatos elixidos.
Tes ata o xoves para votar, pois o venres procederase á entrega de premios no recreo.
Participa!!!!
Información básica sobre a nosa Biblioteca
Enviado por admin o Mar, 15/06/2021 - 11:03Convocatoria do III Concurso de Podcasts-Radio na biblio
Enviado por Biblioteca o Mér, 07/04/2021 - 08:12A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas escolares, fai pública a Resolución de 17 de marzo de 2021, pola que se convoca o III Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poeta, editora, tradutora e profesora Xela Arias, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre a valoración da lingua materna, reforzo da lectura de poesía galega ou o achegamento ao mundo do libro, da edición e da tradución, do que era coñecedora a autora homenaxeada.
O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 26 de abril de 2021.
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convoc_concurso_podcast_2021_asinado.pdf
