Saltar navegación.
Inicio

Funcionamento

Concurso lemas contra a violencia de xénero

Participa no concurso de lemas contra a violencia de xénero. Tes ata o 22 de novembro para envialo ao correo carmen.manzano.lengua@gmail.com

O lema gañador será o que representará ao noso IES.

Anímate e participa!!!

VOTACIÓNS PARA O CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN 2021-22

VOTA OS TEUS DOUS RELATOS FAVORITOS.

Podes ler os textos no PDF de abaixo ou ben na biblioteca do centro.

Hai unha urna  nas mesas da biblioteca para introducir o teu voto anónimo, no que debes poñer os dous números dos teus dous microrrelatos elixidos.

Tes ata o xoves para votar, pois o venres procederase á entrega de premios no recreo.

Participa!!!!

Convocatoria do III Concurso de Podcasts-Radio na biblio

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas escolares, fai pública a Resolución de 17 de marzo de 2021, pola que se convoca o III Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poeta, editora, tradutora e profesora Xela Arias, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre a valoración da lingua materna, reforzo da lectura de poesía galega ou o achegamento ao mundo do libro, da edición e da tradución, do que era coñecedora a autora homenaxeada.

O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 26 de abril de 2021.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convoc_concurso_podcast_2021_asinado.pdf

 

Nova biblioteca do IES García Barbón

O IES García Barbón ten unha nova biblioteca podedes visitala a través do recorrido virtual do centro.

 

Clicando na imaxe podedes movervos pola biblioteca:

 

Imaxe 360 biblioteca

Novidades da biblioteca

Podes consultar todas as novidades no catálogo calcando na imaxe.

Decembro, mes da Igualdade na Biblioteca do IES García Barbón

Decembro é o mes da Igualdade e dende a Biblioteca do IES García Barbón queremos defender os dereitos LGBTI #lgbti#educaciónenigualdade

Achégate e consulta os nosos fondos! 

Novidades na biblioteca

Xa están aquí!!!! Temos moitos libros novos e estamos desexando que os coñezas. A que esperas? 

Distribuir contido