Orientación
INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO
Enviado por admin o Mar, 21/10/2014 - 14:15PROFESORADO:
Daniel Veiga Martínez (Xefe Departamento)
Bolsas do MEFP para o curso 2023/24
Enviado por dveiga o Ven, 24/03/2023 - 10:35O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
·
Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
·
Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
·
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato 2023
Enviado por dveiga o Xov, 02/03/2023 - 14:09Avaliación da satisfacción dos estudantes de Formación Profesional 2023
Enviado por dveiga o Xov, 02/03/2023 - 14:07Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023
Enviado por dveiga o Xov, 16/02/2023 - 11:05
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo:
- 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva
- 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral
Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO (incluído) -estudantes de 1º e 2º de Bacharelato-
Para obter información ampliada sobre a convocatoria pode consultar os seguintes arquivos:
2.400 bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España
Enviado por dveiga o Xov, 02/02/2023 - 10:202.400 bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España
Bolsas para participar nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado, durante o mes de xullo de 2023.
A QUEN VAI DIRIXIDO:
Para público en xeral
INSCRICIÓNS:
Dende o 01/02/2023 ata o 03/04/2023
DURACIÓN:
1 semana no mes de xullo de 2023.
PREZO:
O alumnado participante abonará 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato.
REQUISITOS:
- Nacer entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2006
- Estar matriculado no curso 2022-2023 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
- Bacharelato
- Ensinos profesionais de música e danza
- Grao medio de Formación Profesional
- Grao medio de artes plásticas e deseño
- Grao medio de ensinos deportivos
- Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
- Obter no curso 2022-2023 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional (conforme á Resolución 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios).
- Ter aprobadas todas as materias do curso 2021-2022, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.
- As persoas interesadas deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
REMUNERACIÓN / CUSTO:
A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. O traslado desde o domicilio ao centro de destino e viceversa será por conta da persoa participante.
PÁXINA WEB:
Fonte da información:
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2023
Enviado por dveiga o Lun, 09/01/2023 - 17:32Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2023
Prazos de inscrición:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.
Máis información:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Infografía detallada sobre as probas de acceso a ciclos de grao medio
Infografía detallada sobre as probas de acceso a ciclos de grao superior
Recursos variados para aprender sobre hábitos e técnicas de estudo
Enviado por dveiga o Ven, 11/11/2022 - 09:51
