Saltar navegación.
Inicio

Inglés

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO

PROFESORADO:

Vidal Castiñeira, Ana - XEFA DEPARTAMENTO

Queiro Pérez, Rosa

Rodríguez Posada, Rebeca

 

departamento inglés

Alumnos 1º e 2º de Bacharelato asisten á obra de teatro "Pop Idol" en Inglés no Auditorio de Verín.

A obra foi unha comedia moi dinámica onde algúns alumnos participan na mesma bailando e cantando en inglés. Esta actividade é un complemento excelente ó currículo da língua estranxeira.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016

A Xunta convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. Preme na imaxe para ver a convocatoria:

Consellos e recursos pedagóxicos para aprender unha lingua estranxeira

A profesora Rosa María Roldán González facilita uns consellos moi útiles para o estudo das distintas linguas estranxeiras, especialmente o inglés. 

Xuntanza do Club de Conversa en Inglés

O vindeiro xoves, día 5 de novembro, terá lugar no hall do instituto a primeira xuntanza do Club de conversa en inglés.

Dada a gran acollida que tivo este club, 40 apuntados, realizarémola a xeito de “acampada” onde os membros se presentarán e logo farán un xogo que as coordinadoras prepararon para este primeiro día a modo de “quebraxeos” e para darlle un ton máis lúdico e divertido.

Mercedes Rodríguez Quintas fala da súa experiencia (Linguas Estranxeiras)

O día 21 de outubro ás 10.30 tivemos a sorte de poder escoitar a experiencia vital e académica da nosa antiga alumna Mercedes Rodríguez Quintas. Os estudantes de 2º de Bacharelato participaron nesta charla e realizaron preguntas a Mercedes. Moitas grazas pola súa colaboración!

Club de conversa en Inglés

O vindeiro mes de novembro dará comezo unha nova actividade promovida pola Biblioteca do centro e coa colaboración do Departamento de inglés. Trátase dun grupo de conversa en inglés que está aberto a tódolos membros da comunidade educativa do centro e que ten como obxectivo mellorar a fluidez e a comprensión oral do inglés, empregándoo ,  ao tempo que nos divertimos e facemos amigos…

           O grupo reunirase nun principio unha vez ao mes polas tardes, dende novembro a xuño e será coordinado polas profesoras de inglés do colexio e a profesora de Relixión quen conta coa experiencia de ter vivido en EE.UU durante un período de tempo.

Distribuir contido