Saltar navegación.
Inicio

Titorías

Titoría de grupos 2016-2017

Exames extraordinarios de maio de 2016 (ESA)

Estas son as datas, horas e aulas dos exames extraordinarios de maio para a ESA. Cabe lembrar que, a estes exames, teñen dereito a ir todos aqueles alumnos que suspenderon en febreiro algún ámbito do módulo 1 da ESA I ou do módulo 3 da ESA 2. Sorte!

Os alumnos de FP Básica de Serv. Administrativos visitaron a Adega Terras do Gargalo

Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de FPB Serv. Administrativos, o pasado 13 de abril de 2016 visitaron a "Bodega Terras do Gargalo" en Verin ( a bodega de Roberto Verino).

Na mesma fixéronlles unha introducciòn sobre a cultura do viño, procesos da elaboración do viño (dende o plantado da cepa ata o embotellado), e todo o relacionado co proceso comercial da venta dos viños (etiquetado, pedidos, loxística de envío, facturaciòn, normativas aplicables e atención ao cliente).

7 de abril (2016): Dia mundial da saúde - Actividades no IES García Barbón

Hoxe celebrouse o Dia Mundial da Saúde no IES García Barbón. Os alumnos de TCAE levaron a cabo distintos obradoiros nos que, entre outras cousas, facilitaron información de distintas doenzas ou a alimentación, fixeron prácticas preventivas como medir a presión arterial ou laboura de concienciación con unha cadeira de rodas.

Noraboa ao alumnado de TCAE e as súas profesoras. Tamén a todos os que particiciparon!

O IES García Barbón estará presente na X edición do Premio Espiral Edublogs 2016

Este instituto tenta ir incluíndo, cada vez máis, as novas tecnoloxías na formación dos nosos alumnos. Por este motivo xurdiron estes blogs que agora optan a este prestixioso premio.

Valoración do stand na Feira de San Lázaro e da xornadas de portas abertas

O pasado fin de semana, coincidindo coas festas do Lázaro, o IES García Barbón contou cun stand na feira e realizou unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa actividade e oferta formativa.

Considéranse un éxito, especialmente o stand (que era a primeira vez que se realizaba). Moitas grazas a todas as persoas que se pararon por este, ás que preguntaron e ás que nos felicitaron pola iniciativa. Grazas tamén a Julia Morales polo seu traballo intenso na organización desta Feira do Lázaro. Igualmente, moitas gracias a xente que pasou polo instituto co fin de coñecernos. E, como non, grazas a todas as persoas que o fixeron posible (profesores, alumnos,...).

Resumo das Xornadas de Orientación 2016

Neste esquema pódese consultar toda a información sobre as Xornadas de Orientación 2016. A partir de agora xa estamos a pensar nas do ano que vén!

Distribuir contido