Novas de Interés
BOLETÍNS NOTAS 1ª AVALIACIÓN
Enviado por admin o Sáb, 03/12/2022 - 15:45Recordatorio paras as familias e alumnado do IES GARCÍA BARBÓN.
As notas da primeira avaliación están publicadas no espazo ABALAR.
É necesario ter descargada a aplicación ABALAR para poder ter acceso a dita información.
Na presentación do curso 22/23 xa se comentou a importancia de ter activa a mesma, xa que a través de dita aplicación tanto alumnos maiores de idade, como pais, nais ou titores legais tedes acceso a toda a información do alumno/a: notas, faltas de asistencia, partes de comportamento...
Tamén tedes acceso a todos os avisos que o centro educativo comunica: saídas educativas, actividades complementarias, folgas do alumnado..
Ó longo da semana o alumnado de 2º CS e CM dos diferentes ciclos tamén poderá consultar os seus boletíns.
Becas do Ministerio de Educación curso 2021/2022
Enviado por admin o Mar, 03/08/2021 - 11:36No día de hoxe 3 de agosto ata o 30 de setembro de 2021, abrese o periodo para solicitude de becas para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios, do Ministerior de Educación e Formación Profesional.
Para solicitar beca debes cursar no curso 2021/2022, algún dos seguinte estudos:
- Bacharelato
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grado medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
- Formación Profesional de grado medio e de grado superior
- Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
- Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluida a modalidad a distancia
- Ensinanzas deportivas
- Estudos religiosos superiores
- Formación Profesional de Grado Básico
Para solicitala é necesario facelo dentro da sede electrónica do Ministerior de Educación e Formación Profesional, podes atopar toda a información en: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html
Enquisa para Nais e Pais sobre o futuro profesional e formativo d@s fill@s
Enviado por admin o Lun, 25/03/2019 - 12:36Pódedes atopar máis información no noso blog pinchando no seguinte enlace:
Persoas con prazas adxudicadas en Formación Profesional no IES García Barbón
Enviado por admin o Mar, 18/07/2017 - 20:11Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario. O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 18 de xullo ata as 13:00 horas do luns 24 de xullo de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
Información do IES García Barbón, no mensual Barrios de xullo 2017
Enviado por admin o Ven, 14/07/2017 - 13:24Adrián Bolaño, do IES García Barbón, recoñecido como un dos mellores expedientes de Galicia
Enviado por admin o Dom, 02/07/2017 - 12:25(PREME AQUÍ PARA LER A NOVA DA USC)
Adrián Bolaño Cabido -alumno do IES García Barbón- é un dos 597 estudantes con mellores expedientes de Galicia. O acto tivo lugar en Santiago de Compostela, e nel estiveron o seu pai e o director do IES García Barbón. A comunidade educativa do IES García Barbón síntese profundamente orgullosa e manifesta a súa Noraboa!
