Saltar navegación.
Inicio

Novas de Interés

Charla de Diego Ameixeiras

Organizado pola Biblioteca e os Clubes de Lectura, o pasado día 28 de abril tivo lugar unha charla de Diego Ameixeira. Este escritor falou das súas vivencias, da súa obra e de moitas máis cousas con alumnos de  da FP Básica de Servizos Adiministrativos e do Grao Medio de Mantemento de Vehículos, de de Bacharelato B e de TCAE. Un bo preludio do vindeiro Día das Letras Galegas!

O día da saude no IES García Barbón

O pasado día 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde. É por iso que os alumnos de TCAE organizaron obradoiros, actividades e puntos de información coa intención de promover hábitos saudables.

Unha antiga alumna do IES García Barbón acada un “Premio de Excelencia Académica”

Paula Alonso Campos, estudante de 2º de Bacharelato do IES García Barbón -durante o curso 2015/2016- recibirá o día 20 de abril un dos Premios de Excelencia Académica que concede a Universidade de Vigo aos mellores expedientes académicos –cunha nota media de 9.9-. Noraboa! para Paula de parte da comunidade educativa do IES García Barbón.

 

Excursión de TCAE por Santiago, A Coruña e Vilagarcía de Arousa

 

Durantes os días 29 de 30 de marzo os alumnos de TCAE fixeron unha saída a Santiago e A Coruña. Visitaron o día 29 as instalacións dos CHUS en Santiago e A exposición "Hablemos sobre drogas" en Villagarcía de Arousa.  O día 30 na Coruña visitaron a residencia xeriátrica Torrente Ballester e o CIFP Monte Alto.​

Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade

Presentación realizada por Lourdes Otero. Moitas grazas, Lourdes!

Distribuir contido