Fondo Social Europeo 2014-2020 - Formación Profesional Básica

Ven, 20/02/2015 - 09:10

A implantación dos novos ciclos de Formación Profesional Básica será cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10 “Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente”.

Trátase dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperá.

Con estes ciclos preténdese ofrece ao remate da ensinanza obrigatoria unha oferta formativa atractiva que poida conducir ao mercado laboral ou a continuación de estudios de formación profesional

A achega do FSE recóllese no eixo 3 do Programa Plurirrexional de Emprego, Formación e Educación do período de programación 2014-2020, xestionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Con estes fondos fináncianse os gastos de profesorado e os custos indirectos. A taxa de cofinanciamento do FSE é do 80% deses gastos.

Normativa

 

Documentos de programación e xestión

 

Operacións seleccionadas

Curso 2017-2018

Gastos de funcionamento

Información e comunicación

Medidas para cumprir coas obrigas en materia de difusión e publicidade:

  • Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado afectado sobre o cofinanciamento das horas lectivas de FPB que foi seleccionado na operación;
  • Poñer nos taboleiros de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE na FPB;
  • Na documentación relacionada coas operacións a cofinanciar, inclúase o emblema da Unión europea, a referencia ao Fondo Social Europeo e a lenda "O FSE inviste no teu futuro". Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación. O emblema da Unión debe seguir as normas gráficas recollidas no Anexo II do Regulamento de Execución (UE) 821/2014.
  • Distribuír entre o alumnado e o profesorado o tríptico sobre a FPB;

Documentos:

Formularios:

Enlaces de interese: