Saltar navegación.
Inicio

Charlas

Calendario actividades IES García Barbón

Visita vitual á Domus

Visita vitual á Domus para ver a exposición Bocados e unha disección de corazón de ollo e corazón.

Charla Informativa sobre as becas de Formación Profesional FEUGA

Os estudantes de 2º curso de ciclos formativos de Formación Profesional (Electromecánica de vehículos, Mantemento Electromecánico, Administración e Finanzas e Xestión Administrativa) e  os de Coidados Auxiliares de Enfermaría recibiron información detallada sobre as Becas de Formación Profesional FEUGA  - http://becasfeuga.es/  - no salón de actos.


CHARLA ACTIVIDADE "ATEI"

CHARLA DA ACTIVIDADE “ATEI” DIRIXIDA A ALUMNOS CM. ELVE E 2º FPB MANTEMENTO DE VEHÍCULOS.

O día 21 de xaneiro de 2019 tivo lugar unha charla no Salón de Actos do IES García Barbón de Verín, impartida por Daniel, Rodríguez Martínez exalumno do CM. ELVE,  sobre a súa experiencia labora, dirixida ós alumnos de 1º e 2º de CM. ELVE e ós de 2º FPB de Mantemento de Vehículos.

Na charla trataronse os seguintes puntos:

-Importancia da formación que se recibe no centro.

-Importancia da actitude (orde, responsabilidade  e interese do alumno por aprender).

-Métodos de reparación no taller.

-Trato co cliente.

-Importancia de seguirse formando como traballador.

 O relator fixo unha exposición moi amena e  tocando puntos vitais da vida real do mundo laboral. A valoración foi de moi positiva por parte de todo o alumnado.


Charla de tres exparlamentarios do Parlamento de Galicia no salón de actos do IES García Barbón.

Cástor Gago (PP), Manuel Luís Rodríguez (PSOE) e Iago Tabarés (BNG) comentarán a súa experiencia coordinados pola profesora Miryam Méndez e o profesor Álvaro Perez. O director fará unha breve presentación de cada un deles.
Moitas grazas polas súas aportacións! 


Teatro para os estudantes no Auditorio de Verín

Os estudantes de 1º de Bacharelato do IES García Barbón, acompañados dos profesores Octavio Rodríguez e Carmen Berenguer, asistiron o día 15 de febreiro á representación teatral "El Lazarillo de Tormes" no Auditorio do Concello de Verín. 

 

 

 

Distribuir contido