Lingua Galega e Literatura
INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO
Enviado por admin o Mar, 21/10/2014 - 13:59PROFESORADO:
Álvarez Pousa, María Concepción - XEFA DEPARTAMENTO + EDLG
Fernández López, Patricia
Chega o Magosto O García Barbón!!!
Enviado por admin o Ven, 23/11/2018 - 12:08MURAIS DE OUTONO
Durante este de mes de novembro desenvolvéronse no IES García Barbón diversas actividades relacionadas coa estación outonal. Unha das máis creativas resultou ser a elaboración de varios decorados que ambientaron os corredores do centro cun remuíño de sensacións visuais cargadas de ocres, amarelos, verdes e vermellos saídos das platinas dos alumnos de FP Básica de Automoción e deAdministrativo que da man das súas profesoras Marta, Ana e Carme xunto co EDL puxeron as notas de cor.
Pódese aprender máis sobre a estación do outono: https://gl.wikipedia.org/wiki/Outono
SENSACIÓNS DE OUTONO. MAGOSTÍZATE
O Magosto é unha festa tradicional galega en que o lume e as castañas xogan un papel fundamental.Un ano máis o EDL celebramos o Magosto con produtos típicos da nosa zona e este ano quixemos abrir o abano ós doces elaborados con fariña de castaña así que alumnos e profesorado participamos nunha degustación de galletas, bica, tortas, pudin etc. Todo o repertorio tivo como ingrediente base a raíña do outono, a castaña e ao mesmo tempo demos a coñecer empresas que están a comercializar este tipo de produtos e que teñen máis proxección fóra ca dentro das nosas fronteiras así que dende aquí animámosvos a que investiguedes e consumades este tipo de delicias elaboradas en Galicia.
Para saber máis sobre o magosto: https://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto
Despezando coches… en galego!
Enviado por admin o Mér, 07/03/2018 - 13:33
Os alumnos de 1º C.M. de Electromecánica de vehículosautomóbiles realizaron un inventario en lingua galega das distintas pezas dun coche. Esta é unha primeira versión, cuxo deseño será perfeccionado, dun material que consideramos moi útil para estender o emprego da lingua galega no eido dos establecementos relacionados coa automoción.
Pódense consultar premendo aquí.
Os nosos materiais… en galego!
Enviado por admin o Mér, 07/03/2018 - 13:31No ciclo medio de Mantemento Electromecánico estamos realizando un pequeno glosario co nome en galego dos materiais que empregamos a diario nos nosos talleres. O obxectivo que queremos acadar é que este glosario chegue aos talleres da comarca e que podan facer uso del.
Pódese consultar premendo aquí.
Un modelo de esquela… en galego!
Enviado por admin o Mér, 07/03/2018 - 13:29Documentación administrativa… en galego!
Enviado por admin o Mér, 07/03/2018 - 13:26
Os alumnos de Ciclo medio de Xestión Administrativa realizaron estes modelos de documentación administrativa, dispoñibles para descarga premendo aquí.
En Verín, en Galego
Enviado por admin o Xov, 21/12/2017 - 13:22A visita de Iván Olmos Ferreiro
Enviado por admin o Ven, 17/11/2017 - 12:01Os alumnos e alumnas do IES García Barbón recibiron a visita de Iván Olmos Ferreiro, subcampión mundial de discursos e segundo mellor orador do mundo en español, quen lles impartiu varios talleres de oratoria e retórica para melloraren a súa habilidade para falar en público. Realizáronse un total de 5 talleres: dous para as aulas de 1º de Bacharelato e outros 3 para os alumnos dos ciclos medio e superior de FP en Administración e Finanzas.
Nos talleres, os rapaces puideron adquirir coñecementos sobre as diferentes ferramentas que podemos empregar para aumentar a nosa capacidade de persuasión cando falamos en público, así como estudar as distintas canles de comunicación non verbal existentes e iniciarse no mundo da argumentación e da lóxica para construír argumentos de forma coherente e eficaz. Todos eles realizaron diferentes dinámicas prácticas, adaptadas a cadanseu nivel, para poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o taller.
As chamadas habilidades brandas e, entre elas, a oratoria teñen enorme importancia para fortalecer o desenvolvemento académico e profesional das persoas. É por isto que IES García Barbón levou a práctica destas habilidades e a adquisición de conceptos teóricos sobre a mesma a este rapaces de Verín, para que poidan aplicalas na súa vida cotiá e laboral.
Iván Olmos Ferreiro é un limián de 23 anos con varios anos de experiencia como formador en técnicas profesionais de oratoria, debate e negociación. Graduado en Comunicación Audiovisual e con mestrado en Adminsitración e Dirección de Empresas, traballa como formador e consultor para diversas empresas e institucións.
Exposición da Semana das Letras Galegas no IES García Barbón
Enviado por admin o Mar, 16/05/2017 - 12:19
Na semana grande das nosas letras ven visitar a exposición de Carlos Casares que está exposta no primeiro andar do centro! Non faltes! Feliz semana das Letras Galegas!
Charla de Diego Ameixeiras
Enviado por admin o Dom, 07/05/2017 - 13:08Organizado pola Biblioteca e os Clubes de Lectura, o pasado día 28 de abril tivo lugar unha charla de Diego Ameixeira. Este escritor falou das súas vivencias, da súa obra e de moitas máis cousas con alumnos de 1º da FP Básica de Servizos Adiministrativos e 2º do Grao Medio de Mantemento de Vehículos, de 2º de Bacharelato B e de TCAE. Un bo preludio do vindeiro Día das Letras Galegas!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »