Saltar navegación.
Inicio

Charlas

Resumo das Xornadas de Orientación 2016

Neste esquema pódese consultar toda a información sobre as Xornadas de Orientación 2016. A partir de agora xa estamos a pensar nas do ano que vén!

Avaliación das Xornadas de Orientación (7 de marzo de 2016)

Esta é a avaliación do segundo día, 7 de marzo, das Xornadas de Información Académica e Orientación Académica 2016.

Vídeos: resumos dás Xornadas de Orientación

  •  Primeiro día

  • Segundo día

Xa só quédanos agradecer a toda a xente que fixo que estas xornadas puidésense realizar e que fosen un éxito. Xa estamos a pensar en repetir experiencia o ano que vén de novo!

Segundo día das Xornadas de Orientación (7-03-2016)

Este luns continuamos coas xornadas e como podedes comprobar volve haber charlas e mesas redondas de temas candentes que vos atañen para vosa futura decisión.

 

Consellos entre estudantes nas Xornadas de Orientación

Os nosos alumnos, porque sempre o serán, e que xa acabaron os seus estudos nalgunha das ofertas formativas do IES García Barbón, tamén  participan nestas xornadas. Cóntannos como lles foi, que impresións lles que quedaron dos estudos realizados e as saídas que lles abriron. A eles, moitas gracias!

Primeiro día das Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego

Este venres, 4 de marzo, iniciáronse no noso instituto as xornadas. Contamos cunha ampla variedade de charlas e coloquios como podes comprobar no programa:

Pensamos que resultaron moi interesantes cada unha delas, pero non só dicímolo nós. Aquí podedes ver a avaliación, mesturadas con algunhas fotos dos actos, que realizaron delas os asistentes:

 

Agradecemos a asistencia e o interese por parte do alumnado e esperamos que lle esteades sacando proveito.

 

Este luns, 7 de marzo, acabaremos estas xornadas con sesións de mañá e tarde. Esperamos a vosa presenza!

A túa participación nas xornadas de Orientación é fundamental

Sen ti, isto non ten sentido. Ao longo destas xornadas poderás coñecer información sobre distintas posibilidades académicas que tes ao teu alcance. Faino polo teu futuro!

Charlas informativas de Yolanda Mosquera (Academia Postal) no IES García Barbón

O día 23 de febreiro de 2016 estivo no IES García Barbón, Yolanda Mosquera de Academia Postal de Ourense, 

que nos informou, de maneira específica, sobre as oposicións para os estudantes de Administrativo (Ciclo de grao medio e de grao superior) e para o alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE).
Moitas grazas pola túa colaboración, Yolanda!

 

O escritor Diego Ameixeiras falou da súa obra no IES García Barbón

O día 7 de maio o escritor Diego Ameixeiras falou da súa obra ao alumnado de Bacharelato do IES García Barbón. 


Na súa intervención, fíxo especial fincapé na súa novela “Tres segundos de memoria” –obra que leran os mozos e mozas que escoitaban a súa charla- e explicou as fases do proceso de creación e redacción da mesma. Tamén reflexionou sobre as dificultades de ser escritor en lingua galega en Galicia.


O alumnado mostrou moito interese e realizou unha manchea de preguntas  a Diego Ameixeiras.


 Moitas grazas a Diego pola súa colaboración co IES García Barbón

ESQUEMA DAS XORNADAS CONSTRÚE O TEU FUTURO


Make your own mind maps with Mindomo.

Distribuir contido