Saltar navegación.
Inicio

O escritor Diego Ameixeiras falou da súa obra no IES García Barbón

O día 7 de maio o escritor Diego Ameixeiras falou da súa obra ao alumnado de Bacharelato do IES García Barbón. 


Na súa intervención, fíxo especial fincapé na súa novela “Tres segundos de memoria” –obra que leran os mozos e mozas que escoitaban a súa charla- e explicou as fases do proceso de creación e redacción da mesma. Tamén reflexionou sobre as dificultades de ser escritor en lingua galega en Galicia.


O alumnado mostrou moito interese e realizou unha manchea de preguntas  a Diego Ameixeiras.


 Moitas grazas a Diego pola súa colaboración co IES García Barbón