Automoción
INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO
Enviado por admin o Mér, 22/10/2014 - 14:03PROFESORADO:
- José Manuel Bolaño Pérez.(Xefe de departamento)
- Diego Ares Luces
- María Cristina Fernández Civeira
- Francisco Javier Fernández González
- José Antonio Páez Pérez
- Raquel Sousa Grande
Excursión Museo de Automóvil de Salamanca e Motortec de Madrid por Alumnos de ELVE
Enviado por admin o Xov, 14/03/2019 - 11:36Os días 12 e 13 de marzo os alumnos dos distintos niveles educativos de ELVE visitaron o museo do Automóvil de Salamanca e tras un descanso en Ávila foron visitar a Feira Motortec en Madrid, donde puideron disfrutar de utillaxes, máquinas e os últimos avances na Industria da Automoción, acompañados polos profesores José Luis Sampedro e José Manuel Bolaño.
CHARLA ACTIVIDADE "ATEI"
Enviado por admin o Xov, 24/01/2019 - 12:05CHARLA DA ACTIVIDADE “ATEI” DIRIXIDA A ALUMNOS CM. ELVE E 2º FPB MANTEMENTO DE VEHÍCULOS.
O día 21 de xaneiro de 2019 tivo lugar unha charla no Salón de Actos do IES García Barbón de Verín, impartida por Daniel, Rodríguez Martínez exalumno do CM. ELVE, sobre a súa experiencia labora, dirixida ós alumnos de 1º e 2º de CM. ELVE e ós de 2º FPB de Mantemento de Vehículos.
Na charla trataronse os seguintes puntos:
-Importancia da formación que se recibe no centro.
-Importancia da actitude (orde, responsabilidade e interese do alumno por aprender).
-Métodos de reparación no taller.
-Trato co cliente.
-Importancia de seguirse formando como traballador.
O relator fixo unha exposición moi amena e tocando puntos vitais da vida real do mundo laboral. A valoración foi de moi positiva por parte de todo o alumnado.
Programa Erasmus en Croacia
Enviado por admin o Mar, 15/05/2018 - 21:53Recepción do grupo de docentes de APAGA na Escola Técnica de Zagreb.
Visita ás instalacións de Emil Frey distribuidor de camións e autobuses Mercedes
Primeiro prototipo de vehículo electrico urbano
O profesorado do IES García Barbón participa nun Programa Erasmus en Finlandia.
Enviado por admin o Lun, 30/04/2018 - 11:35En Luksia con Riika, excelente anfitriona.
Alumnos de 1° ano nos talleres de Luksia.
Simulador de conducción de camións. Luksia, departamento loxística.
Taller Tesla. Helsinki.
Excursión a Madrid de 2º CM de Electromecánica de Vehículos Automóbiles
Enviado por admin o Dom, 26/03/2017 - 21:01Viaxe didáctica realizada polo departamento de automoción a Madrid os pasados días 15 e 16 de marzo de 6 alumnos de 2º CM de Electromecánica de Vehículos Automóbiles acompañados polos profesores José Luís Sampedro e Carlos Alberca. A excursión realizouse conxuntamente co IES Val do Asma de Chantada(Lugo).
As actividades que se realizaron foron as seguintes:
-O día 15 pola tarde visita á Feira Motortec no recinto ferial de IFEMA. Alí poderon ver a exposición de maquinaria, utillaxe e compoñentes do automóbil, maquinaria pesada e estacións de servizo. Tratase dunha exposición bastante grande xa que constaba de 9 pavillóns.
-O día 16 pola mañá, a visita foi ao Museo do Exército do Aire en Catro Ventos. Xa pola tarde, visitouse á Academia Drivex onde se forman mecánicos de competición e se preparan coches de competición.
